Queridas familias:
O tema do proxecto que temos en marcha este curso é a ALIMENTACIÓN SAUDABLE polo que os disfraces de Entroido das crianzas deberán ter relación coa cociña, as receitas e os alimentos que son bos para coidar a saúde e nos aportan benestar.
Estades convidadas a participar na festa que empezará ás 11:30h. Se vos animades podedes vir disfrazadas e aportar doces tipicos destas datas para compartir. Degustaremos tamén os pratos preparados polas crianzas nas aulas durante a primeira parte da mañá.
Os mandados do Meco comezarán como todos os anos o luns desa semana. Non é obrigatorio participar, polo que vos pregamos que deixedes ese tema nas mans das crianzas.