Queridas familias:
Desde o equipo de biblioteca lanzamos a actividade "Mochilas Viaxeiras". Son unha representación dalgúns recursos de diferentes temáticas que tedes á vosa disposición no centro.
Chegarán á casa semanalmente e dentro atoparedes tamén:
- Unha nota informativa.
- Unha listaxe do contido cun espazo para poñer as vosas valoracións e observacións.
Trátase de que poidades gozar dos recursos da nosa biblioteca e crear momentos familiares a partir de lecturas compartidas.
Agradecemos a vosa participacion.
Un cordial saúdo.
Pinchade da imaxe para ver todas as fotos.
Álbum: Curso 21-22 -> Mochilas Viaxeiras