Queridas familias:
Dentro duns días vai facer un ano do falecemento de Heidi. Hoxe celebramos unha asemblea e estivemos de acordo en dedicarlle con todo o cariño do mundo o fío musical do venres.
Entre todo@s imos crear unha listaxe de cancións que van ir soando unha tras outra ininterrumpidamente durante toda a mañá.
Para participar podedes:
- Responder á mensaxe que enviou Sandra hoxe por Abalar indicando título e intérprete.
- Se non tedes Abalar podedes envialo a ceip.refoxos@edu.xunta.gal
Moitísimas grazas de corazón.
A dirección e o Claustro