Comezos prometedores...

Os humoristas gráficos de "La Voz de Galicia" Pinto & Chinto presentaron en Culturgal o libro "Contos para nenos que dormen deseguida": 28 relatos breves, humorísticos e ilustrados (editado por KALANDRAKA en galego, castelán e portugués).
No BLOG K: http://www.kalandraka.com/blog/2010/11/27/con-pintochinto-en -culturgal/

Neste video de presentación temos ilustracións moi fermosas dos contos, pero o máis importante, aparecen tamen as primeiras liñas de cada historia o que deixa un campo enorme para a imaxinación á hora de atoparlles un desenrolo e un final.

Trátase dunha actividade ideal para facer cos nenos e nenas unha tarde de chuvia na casa co televisor, o ordenador e a consola apagadas. So unha libretiña, un lapis, colores e gañas de compartir un momento especial.