Ás 10:00h
NATURNOVA para Infantil 1º 2º.
O Bosquedas Estacións: Visitan Vestíbulo + Submarino. Por que son tan importantes os nosos bosques? Cales son as estacións e en que se diferencian? Como van cambiando as nosas árbores con elas? Aprenderemos todo isto do xeito máis divertido: mediante contos e xogos.
ARTE para 3º 4º 5º 6º.
Xogo de pistas sobre a colección de arte. Está clasificada en latexos: a historia… a paisaxe…. o humor…. e ao seu remate un obradoiro no que teñen que atopar o seu “latexo”, a súa motivación, o seu interese e facer un traballo artístico téndoo en conta.
Ás 11:00h
MERENDA.
Ás 11:30h
NATURNOVA Desafío Naturnova para 3º 4º 5º 6º
Con ficha de traballo. Visitan todo o museo. Gozan cos módulos interactivos do centro e resolven o desafío que lles propón a mascota Pintafontes.
ARTE para Infantil 1º 2º.
Visita conto na que teñen que axudar a Pintafontes a “facerse amigo” das novas obras tras a renovación da exposición. Ao remate teñen un obradoiro que se chama “Operación Tormenta”. Utilizan pintura e un matamoscas para facer as súas propias obras de arte.