Este venres rematan os obradoiros sobre corresponsabilidade no fogar organizados polo concello de Oia en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
Nestes días reflexionamos sobre moitos temas e aprendemos moitas máis cousas pero sobre todo démonos conta da cantidade de cousas que xa sabiamos facer e de que estamos listos e listas para ir aos poucos adquirindo responsabilidades dentro da nosa familia e non so por axudar, senón porque formamos parte dun equipo e para que funcione todo o mundo ten que contribuír.
Moitísimas grazas a Estela a monitora da actividade que soubo converter os obradoiros en experiencias divertidas, interesantes e sobre todo participativas.
Aquí nos tedes tendendo a roupa despois de saír da "lavadora".
Recolléndoa cando está seca.
E dobrándoa para despois gardala no seu sitio.