3-. Granxas de galiñas en gaiolas: Viven en gaiolas deseñadas especialmente para facilitar a recollida dos ovos, evitando que se ensucíen con esterco, teñen acceso á auga e a unha alimentación equilibrada a base de penso. Estas instalacións facilitan o control sanitario e a limpeza. É o sistema máis habitual en España.
2-. Granxas de galiñas en chan: Móvense libremente dentro dunha nave, na que teñen comida, auga, aniñadoiros e zonas de descanso.
1-. Granxas de galiñas campeiras: Ademais dunha nave como a das galiñas en chan, teñen currais ao aire libre onde saen a peteirar, escarvar e darse baños de area.
0-. Granxas de galiñas ecolóxicas: As instalacións son similares ás granxas campeiras, pero as galiñas aliméntanse con penso que procede da agricultura ecolóxica e teñen que cumprir as normas específicas desta produción.