Plantacións en Mavia e Burgueira 2011

MAVIA

Mavia é un fermoso lugar da parroquia de Loureza, cunhas vistas impresionantes sobre o val do río "Carballa" no que está situado o colexio, no que levamos facendo plantacións ao longo de varios anos sempre colaborando coa Comunidade de Montes de Loureza.

Apóiannos sempre: tendo preparados os buratos para ás arbores, botando unha man na organización do traballo in situ coa nosa rapazada (podedes velos nas fotos repartindo as árbores e dándo consellos sobre a tarefa) e durante o resto do ano botándolle un ollo ás "arboriñas-bebés". O agradecemento nunca será bastante.

Este ano puxemos 20 castiñeiros e 10 carballos. Estas árbores fórannos entregadas no viveiro de Areas, Tui, con ocasión  da invitación feita ao centro por Voz Natura ara participar nos actos de intrega e plantación da partida de árbores porcedentes de L'Ajuntement de la Llangosta, Barcelona.

Os colexios dese concello decidiron, logo dos incendios do ano 2006, cultivar árbores que ao ano seguinte entregaron para axudar á recuperación dos montes galegos.

Os tres centros invitados recibimos unha partida de árbores, no noso caso carballos e aciñeiras que plantamos no noso viveiro e por fin este ano, as máis grandiñas foron ao monte.

Hai que recoñecer que non chegaron a nada, as nosas expertas e expertos sempre traballan en equipos formados por nenos e nenas de diferentes idades e enseguida acabaron de polos todos.

"O ano que ven hai que traer máis profe!"

 

 

Entrando no lugar de plantación despois de repartir a ferramenta que levamos no autobus. Cada un ten a súa aixada ou sacho co seu nome. As menos pesadas están reservadas para os pequenos e pequenas que van pasando de infantil a primaria.

 

 

 

A "cuadrilla" do profesorado disposta para comezar o traballo.

 Sen todos eles e elas, os deste curso e os que pasaron polo colexio ao longo do tempo, tería sido imposible levar tantos anos formando parte da familia Voz Natura.

 

 

 

Este lugar de Mavia pertence a unha área recuperada que, en tempos, foi un vertedoiro e que está moi exposta ao vento, á chuvia e.... bueno... ás ovellas; hai que recoñecerlo tamén... polo menos mentres as árbores non medren o suficiente.

 Os sacos que vedes son do abono orgánico que botamos nos buratos antes de empezar, para que as plantas atopen comodidade para medrar, teñan sustento desde o comezo e a súa aclimatación sexa rápida.

 

 

 

 

 A veciñanza que pasa polo lugar detense a animar e a conversar c@snen@s.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Traballo de especialistas eficacia, eficiencia e entusiaso.

 

 

BONAVAL

 Ao rematar en Mavia, trasladámonos ao lugar de Bonaval en Burgueira. Nesta zona comezamos timidamente a nosa actividade repoboadora hai 12 anos máis ou menos, nun terreo que sufrira os efectodos dun incendio e posterior tala a matarrasa. Levamos desde entón plantando frondosas todos os anos. É un dos nosos referentes fixos; seguro que no futuro conseguiremos que se recupere o monte.

Das arbores que plantamos algunha fallan polo que ás veces temos que volver traballar nos mesmos lugares de cursos anteriores.

  

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 O mesmo que en Loureza contamos coa Comunidade de Montes de Burgueira (preparación do lugar, axuda, vixiancia... )

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Desta vez foron 50 castiñeiros os que puxemos ao lado dos plantados en cursos anteriores coa colaboración do alumnado e profesorado do CEIP Ría de Vigo, Canido. 

  

  

Todo o mundo celebra o fin do traballo, recolle a súa ferramenta  e a deposita no aotobus para devolvela ao colexio.

  

 

 

 

 

 

Uff! Que cansanzo! Que ganas de coller o bocadillo! 

 Case non dou chegado!

  

 

 Repoñendo forzas e descansando

 

 

 

  

 E tras o esforzo e a merenda... as larpeiradas.