Quen somos?

O CEIP de Refoxos está situado no interior do concello de Oia, arrodeado de considerables extensións de monte comunal. Conta cunha zona fluvial de interese, a conca do río “Carballa” (Tamuxe) que discorre polos lugares de residencia do alumnado e as proximidades do centro.

Como pertencente a unha poboación de carácter  rural o alumnado esta familiarizado coas actividades agrícolas e gandeiras, polo que a tarefa  de implicación a nivel práctico é fácil. No que ten que ver coa sensibilización cara á conservación, respecto e mellora do entorno natural, tarefa implícita en todas as nosas actuacións, vaise conseguindo  na medida na que se traballan os aspectos educativos co fin de que a laboura continue máis aló do colexio.

Malia ser un centro pequeño, o noso alumnado é moi activo e entusiasta coas tarefas asignadas dentro do Programa.

Contamos coa colaboración activa das dúas Comunidades de Montes (Loureza e Burgueira), así coma da ANPA do centro como partes interesadas na tarefa emprendida.

Contamos, asimesmo, coa colaboración puntual dos Servicios Forestais e de Loita contra incendios da zona que  adoitan prestar a súa axuda e asesoramento naquelas actuacións nas que se precisan.