Os dias 19 e 20 do mes de Xaneiro, mércores e xoves respetivamente, os nenos/as do segundo ciclo do CEIP Refoxos, traballaron o ciclo da auga na área de Inglés como contido transversal.
A profesora debuxou na pizarra varios elementos naturais e escribiu ó seu caron cadanseu nome en Inglés.
A continuación, a mestra nomea cada elemento e os nenos/as repiten as novas palabras varias veces para conseguir interiorizar o novo vocabulario.
De seguido, a profesora vai sinalando os diferentes debuxos ó tempo que nomea a diferentes alumnos para que digan en voz alta os nomes dos elementos da pizarra.
Despois a profesora escribe un número ó lado de cada debuxo. Desta maneira, si a profe di un número, os alumnos terán que dicir o nome do elemento natural e, viceversa, si a profe di algún número, eles terán que dicir o seu número correspondente. A actividade se repite varias veces cada vez máis rápido.
Unha vez que os alumnos/as teñen xa interiorizado o novo vocabulario, faise unha chuvia de ideas sobre o que saben do ciclo da auga. Unha vez tódolos alumnos/as aportan as súas ideas, a partir delas a profesora explica o ciclo da auga e logo os nenos/as intentan coa axuda da mestra, elaborar unha explicación do ciclo utilizando expresións e palabras en inglés.
Finalmente, se lle entrega aos alumnos/as unha ficha para praticar os contidos traballados na case.
No primeiro exercicio aparecen catro imáxenes que ilustran os diferentes momentos do ciclo da auga e eles/as teñen que numeralos por orde lóxica.
Por último, o segundo exercicio consta dun texto en inglés no que se explica detalladamente o ciclo da auga e os alumnos/as terán que completar os ocos en branco coas palabras de vocabulario traballadas na clase.
En resumo, a actividade foi altamente motivadora para os rapaces/as polo seu contido natural e a súa relación coa lingua inglesa no desenvolvemento do traballo.