Queridas familias: Os obradoiros de Nadal deste curso van ter a seguinte temporalización:
10:00h - 10:45h Obradoiro 1 + empaquetado do traballo.
10:45h - 11:30h Obradoiro 2 + empaquetado do traballo.
11:30h Merenda no patio cuberto
12:00h Amigo invisible na zona azul.
13:00h Visita do Apalpador.
ORGANIZACIÓN
- As persoas que poidan vir botar unha man nos obradoiros deberán mandar unha mensaxe vía Abalar confirmando a súa asistencia. Seralle asignado un obradoiro no que deberán permanecer ata o remate da actividade. O comezo dos obradoiros será ás 10h despois pecharase o portalón ata a hora da merenda.
- As persoas que queiran vir compartir o resto da mañá con nós poderán entrar a partir das 11:30h. Se vos animades podedes traer algunha lambetada (doces de sobremesa caseiros típicos destas datas...) e así facer unha degustación para todos/as os/as asistentes.
- O "Amigo invisible": Cada crianza terá que elixir un dos traballos que fixo para regalarllo a un/ha compañeiro/a. Ás 12h faremos o intercambio de agasallos na zona azul do patio cuberto.