Queridas familias:
A proposta deste ano para o Samaín é que en vez de cabazas as crianzas traian vasoiras de bruxa decoradas para expor no colexio. Seguro que lles van saír terrorificamente divertidas. O último día para traelas será o venres 25.
O día da festa deberán vir disfrazad@s da casa, traer unha manadiña de castañas picadas e quen poida piñas e carozos para o lume.
Precisaremos un ano máis da vosa axuda para o asado das castañas polo que se alguén ten tempo ese día e pode que pase por aquí un pouco antes das 10 e media.
En definitiva, con disfrace terrorífico ou sen el agardámosvos o mércores 30 de outubro para celebrar o noso “Samagosto” refoxeiro.
Animádevos!!
PD: Precisamos xornais atrasados para facer os cucuruchos para as castañas, se tedes algún na casa mandádeo polas crianzas en canto poidades.