Marusía é unha nena que vive preto do mar. Nesta historia, Marusía terá que superar a proba do tres eMes: a Mentira, a Maldade e o Medo, encarnados nun construtor sen escrúpulos, un furtivo do marisqueo e o terror ao descoñecido. Ao longo da aventura entre accións e cancións, falarannos do consumo de algas, do cambio climático, dos males que sofre o mar e proporannos vías para conseguir entre tod@s mellorar o medio ambiente