Infantil 3 e 4 anos
A reciclar coa profe Feli!!!!
Este venres a profe Feli quixo aprendernos a reciclar papel... O pasamos xenial con ela, porque a verdade é que os que xa a coñecíamos do ano pasado, botámola moooito de menos!!!
Primeiro sumerximos o panel de rella ben dereitiño e tumbámolo no fondo do barreño e....
Vermiños: á espera das bolboretas
Aquí tedes a evolución dos nosos vermiños. Cando naceron cabían todos nunha caixa de grampas, logo tivemos que cambialos a outra caixa algo máis grande e agora xa están instalados na caixa que empregamos para criar o ano pasado!!! Nela aínda quedan restos dos ovos dos que naceron hai xa máis dun mes. Pero agora xa empezan a facer as crisálidas de novo...
Desde aquela, moitos coidados e mimos para que agora luzan así de gordechos. Templámoslle as follas de moreira que saen da neveira para que non as noten frías, destapámoslle a caixa para que lles dea a luz do día, cambiámoslles as follas, limpámoslles as cacas, falámoslles, acariñámoslos e incluso os escoitamos, porque sí, sí, se achegas a orella á caixa podes escoitalos. Todo un descubrimento!!!
Poemas de Uxío Novoneyra no Día das Letras Galegas
O pasado venres 21 de maio celebramos con algo de retraso o Día das Letras Galegas. Non puido ser antes xa que faltábannos algúns compañeiros do cole que andiveron de excursión.
Este ano os nenos de Infantil aprendimos un montón de cousas sobre Uxío Novoneyra, participando na elaboración do mural da entrada sobre a súa vida e que logo convertiráse en libro... xogando na PDI coas actividades elaboradas pola profe Ana... aprendendo algún pequeno poema seu. Por iso, este ano quixemos homenaxealo recitando.
Ti es dos meus - Letras Galegas 2010
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »