Comedor escolar. App ColeCHEF
Calquera persoa usuaria persoa do comedor, BECADA OU NON, ten que rexistrarse na app ColeCHEF, para poder usar o servizo de comedor a partir do LUNS 11/09/2023.
Haberá tres modalidades de uso:
- Os que asisten todos os días.
- Os que quedan uns días fixos á semana.
- E os eventuais, que deberán avisar con dous días de antelacións (hábiles).
CÓDIGO DO CENTRO: ESKRL0MB85
As dúbidas que xurdan serán contestadas no seguinte correo: soporteapp@colechef.com
ou no teléfono 942 420 018, ou directamente no teléfono de SERUNION 986 453 040
Queres coñecernos?
Se queres coñecernos, chama por teléfono e concerta unha cita.
881 930 322
PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E O CIBERACOSO ESCOLAR
Desde hoxe contamos no centro con un PUNTO LARANXA contra o acoso e o ciberacoso escolar.
É un punto físico, ben identificado, que funciona como unha caixa de correo a través da cal o alumnado poderá comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou que perciban en terceiros.
Do mesmo xeito, pódese empregar anónimamente o punto laranxa a través de canle telemática a través da nosa páxina web. Está ubicado no curruncho inferior do lateral esquerdo da páxina oficial do centro.
Participación activa das familias
As familias desempeñan un papel fundamental para a prevención do acoso e o ciberacoso e, polo tanto, neste plan cobra unha especial relevancia a súa contribución para a prevención de conflitos e a resolución pacífica destes. De aí que se promova unha estreita colaboración entre as familias e os centros educativos habilitando liñas de comunicación coa escola para traballar de maneira conxunta.
Que é o acoso ou ciberacoso?
A modo de recordatorio e para darlle o correcto uso a esta ferramenta, deixamos no documento adxunto o protocolo de acoso e coberacoso no que se definen estas actuacións.