PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E O CIBERACOSO ESCOLAR
Desde hoxe contamos no centro con un PUNTO LARANXA contra o acoso e o ciberacoso escolar.
É un punto físico, ben identificado, que funciona como unha caixa de correo a través da cal o alumnado poderá comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou que perciban en terceiros.
Do mesmo xeito, pódese empregar anónimamente o punto laranxa a través de canle telemática a través da nosa páxina web. Está ubicado no curruncho inferior do lateral esquerdo da páxina oficial do centro.
Participación activa das familias
As familias desempeñan un papel fundamental para a prevención do acoso e o ciberacoso e, polo tanto, neste plan cobra unha especial relevancia a súa contribución para a prevención de conflitos e a resolución pacífica destes. De aí que se promova unha estreita colaboración entre as familias e os centros educativos habilitando liñas de comunicación coa escola para traballar de maneira conxunta.
Que é o acoso ou ciberacoso?
A modo de recordatorio e para darlle o correcto uso a esta ferramenta, deixamos no documento adxunto o protocolo de acoso e coberacoso no que se definen estas actuacións.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
2024 protocolo_educativo_para_a_prevencion_deteccion_e_tratamento_do_acoso_e_ciberacoso_escolarpdf_0.pdf | 4.04 MB |
protocolo acoso e ciberacoso.pdf | 1.05 MB |