AXUDAS DE MATERIAL E FONDO LIBROS

LISTADO DE LIBROS E MATERIAIS PARA O CURSO 2024 - 2025

 

FONDOLIBROS 24-25

Estimadas familias,

acaba de publicarse a  Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25. Podedes premer na ligazón anterior para consultar a Orde e adxuntamos tamén as instrucións a continuación.

*Lembrade que no noso centro, tan só o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria continúa co libro de texto.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

Segundo o disposto pola normativa vixente, este curso comezará a realizarse en 4º de EP a Avaliación de Diagnóstico que posúe carácter informativo, formativo e orientador para os centros, para o profesorado, para o alumnado e as súas familias ou persoas titoras legais e  para o conxunto da comunidade educativa. A súa finalidade última é contribuír á mellora da calidade e da equidade da educación, a través do coñecemento do grao de adquisición das competencias adquiridas polo alumnado.
Realizarase os días 10 e 11 de abril e consistirá nunhas probas escritas onde se avaliarán a competencia matemática e as competencias en comunicación lingüística en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira: Inglés, no noso caso.

CAMBIO DE NOME DO CENTRO

Distribuir contido