DÍAS NON LECTIVOS

Dende o CEIP Plurilingüe de Castrelo informamos que, continuando co calendario lectivo que tiñamos proposto e que xa puxéramos no coñecemento da comunidade educativa, faranse novas propostas para o alumnado para continuar coa aprendizaxe do alumnado o vindeiro martes 5 de maio xa que o día 1 de maio é festivo e o luns 4 de maio é día non lectivo no noso centro.

Instrucións para o desenvolvemento do 3º trimestre

Hoxe, día 28 de abril, saiu publicada a Instrución do día 27 de abril de 2020  da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/2020 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. (ligazón ao texto da Instrución aquí).

Dende o centro queremos destacar certos aspectos da mesma. O calendario, tarefas do alumnado, labor do profesorado, avaliación e adaptación do currículo son puntos concretos desta instrución que detallamos a continuación no documento adxunto. 

Lembramos que podedes contactar co centro para calquera aclaración.

 

Recomendacións propostas para a semana do 27 ao 30 de abril.

Continuamos na revisión, repaso, reforzo...de aprendizaxes de todo o alumnado. A continuación terás os enlaces a todos os niveis do centro. Lembra que as especialidades dende Infantil ata 4º de Primaria expoñen as súas actividades dentro da Aula Virtual de cada curso para que sexa máis doado de localizar.

AULA VIRTUAL ( Educación Infantil, 1º EP, 2º EP, 3º EP, 4º EP)

PLATAFORMA EVA (5º e 6º con todas as especialidades)

Ademais, engádense dous enlaces a lugares que poden ser de interese:

- Resumo actividades 6º EP

- INGLÉS - Recomendacións de 5º e 6º EP 

Lembrar que dentro da Aula Virtual, ademáis do contido de cada curso, poderedes atopar tamén recursos dende o Departamento de Orientación, Aula Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e unha sección titulada Xogamos con Castrelix na que continuamos desenvolvendo o proxecto de Biblioteca sobre o xogo (atoparás titoriais e outros recursos en relación ó mesmo).

Infórmase que o alumnado de 1º a 4º de EP debe entrar na Aula Virtual co seu número de usuario (achegado a través da aplicación Abalar Móbil). Así poderán entregar tarefas, realizar cuestionarios...e outras actividades propostas polos diferentes mestres que imparten clase nos niveis. Dispoñen ademáis de titoriais na parte superior da Aula Virtual ante dúbidas de como entrar ou como facer unha entrega de tarefas.

DÍA DO LIBRO

 

Hoxe, aínda que dende o confinamento de todos os nosos fogares, imos celebrar o Día do Libro. Non o imos facer de calquera  xeito. Ímolo festexar por todo o alto. No noso blogue de Castrelix temos dúas sorpresas en forma de novas para todos e todas vós, esperándovos ansiosamente. A que esperas para visitalo? Feliz Día do Libro 2020

Comeza unha nova semana

Comezamos co traballo dunha nova semana. Lembrarvos que dende a pasada, podedes ver todas as actividades, das titorías e das especialidades, dende  Infantil ata 4º de Educación Primaria na Aula Virtual. Deixámosvos de todos modos os enlaces de cada unha delas.

EDUCACIÓN INFANTIL

1º EP

2º EP

3º EP

4º EP

Como xa é costume as actividades de 5º e 6º estarán na plataforma EVA. O alumnado de 5º, nas conversas co titor, xa terán a súa ruta da semana. Para consultar as de inglés e 6º, consulta os seguintes enlaces

6º EP 

INGLÉS (5º E 6º)

 

Lembramos que podedes seguir enviando tarefas a través de varias canles: a Aula Virtual (para 3º e 4º sempre que se identifiquen co número enviado por Abalar Móbil) , polo correo do centro ceip.castrelo@edu.xunta.gal, ou polo whatsapp do móbil do cole 639 588 062

IDENTIFICARSE NA AULA VIRTUAL

Durante a próxima semana o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria deberase identificar na Aula Virtual do centro. Para iso, dende a plataforma Abalar achegarse un nome de usuario e contrasinal provisional que deberá ser cambiada a primeira vez que accedades á Aula Virtual. A continuación podedes consultar o titorial para ver como é este proceso.

Identificarse na Aula Virtual

VOLTAMOS DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Xa estamos a día 14 de abril e achegámonos a todos vós con novas recomendacións das diferentes materias e niveis. Esta semana comezamos a traballar dende a Aula virtual do centro nos niveis de Educación Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º. Poderás acceder a ela clicando nesta no anterior enlace (subliñado en diferente cor neste texto), indo á parte superior desta páxina e premendo en Aula Virtual e tamén a través das ligazóns a continuación de cada curso:

- Educación Infantil

- 1º EP

- 2º EP

- 3º EP

- 4º EP

Dentro de cada nivel , o alumnado atopará actividades, non só das materias da titoría, senón tamén das especialidades. Ademais dentro da Aula Virtual tamén haberá outros bloques como Educación Física ou Xogamos con Castrelix que tamén teñen contido e poden ser visitados xa que teñen unhas propostas que inclúen a varios cursos.

O alumnado de 5º e 6º traballará a través da plataforma EVA como xa é costume. Alí atopará as propostas en cada unha das materias (Inglés, Ciencias, Linguas, Música...) Ademais poderá consultar unhas indicacións da titoría de 6º e de Inglés, premendo nos enlaces a continuación:

- 6º EP

- INGLÉS 5º E 6º

 

IMPRESIÓN DE MATERIAL

Dende o centro queremos informar da iniciativa do Concello de Cambados en relación á impresión de material que comezou a organizar na pasada semana xa que algunhas familias non dispoñen de medios para imprimir propostas que se están a facer dende o centro para continuar e reforzar aprendizaxes, aínda que tamén debemos indicar que moitas delas son interactivas e outras pódense faer simplemente copiando, empregando libretas, realizando traballos manuais, etc.

Na xornada de onte, a todas as familias do alumnado de Primaria que dispoñen da aplicación Abalar Móbil chegoulles un aviso desta iniciativa. Cómpre sinalar a importancia de ser responsables co uso e coa solicitude da mesma xa que se trata dun ben común de toda a Comunidade. Por iso pedimos mesura e solicitala sempre e unicamente que sexa preciso.

Para poder acceder a este servizo, as familias interesadas deberán contestar a través da aplicación Abalar Móbil da solicitude da mesma. A comezos da próxima semana (a partir do luns 13 de abril de 2020), porémonos en contacto individualmente con cada un dos responsables para información e/ou achegar a información que sexa precisa sobre esta iniciativa.

DÍA 2 DE ABRIL: UN DÍA MOI ESPECIAL

Hoxe é 2 de abril. Évos un día moi sinalado no noso calendario porque se festexan dúas cousiñas moi especiais. A primeira é o día  mundial da concienciación sobre o Autismo. Pola mañá xa vos invitamos a que nos enviedes as vosas pezas decoradas para conmemoralo. Pincha aquí e saberás como facelas.

Ademais de poder enviar as imaxes e os vídeos ó correo do cole (ceip.castrelo@edu.xunta.es), a partir de mañá e entre as 10 e as 14 h, poderedes enviar as vosas fotos e vídeos ó móbil do centro. O seu número é 639 588 062

A outra cousiña a festexar é que hoxe é o Día Internacional do Libro Infantil. Xa que nos están chegando as vosas imaxes ó correo, os profes e demais persoal do cole tamén queriamos celebrar este día e que nos vexades. Para iso, aquí nos tedes con todo o noso cariño adicándovos unhas palabriñas e amosándovos libriños que nos gustaron de pequenos e outros de cando non eramos tan novos. Clica para poder ir ó Blogue De Castrelix e ver o vídeo.

 

LANZÁMOSVOS UNHA PROPOSTA...TEApuntas?

Hoxe día 2 de abril, conmemórase o "Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo" e dende o CEIP de Castrelo querémosvos enviar un reto as vosas casas....TEApuntas?
Pois clica no documento adxunto e comprobarás o reto que vos queremos propoñer. A ver se entre todos o conseguimos!!

Distribuir contido