Benvida á nosa WEB

PROGRAMAS E PROXECTOS DO CENTRO

                                                 

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2024-25

Publícase a Programación Xeral Anual para o curso 2024-25 trala súa aprobación nos Claustro e Consello Escolar celebrados o pasado martes 8 de outubro de 2024.

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO CURSO 2024/2025

Achégase o horario de atención ao público do equipo directivo para o curso 2024/2025. Por motivos de organización, pregamos concerten cita previa para que poidan ser atendidos correctamente.

 

1º hora:

9:00-9:50

2ª hora:

9:50-10:40

3ªhora:

10:40-11:30

4ªhora

12:00-13:10

5ª hora:

13:10-14:00

LUNS

DIREC

XE

 

 SECRET

 

 

MARTES

 

 

 

 

DIREC

MÉRCORES

 

 

 

SECRET

DIREC 

XOVES

 DIREC

 

 

XE

DIREC

VENRES

 

 

 

 

DIREC

O noso claustro

O claustro do CEIP Plurilingüe de Castrelo durante o curso 2024/25 está formado polo seguinte profesorado:

- 4º de Ed. Infantil: María Teresa Güimil Barreiro 

- 5º de Ed. Infantil:Rocío González Betanzos  

- 6º de Ed. Infantil:  Soledad Oubiña Millán

- Apoio Ed. Infantil:Ana María Tomás del Río   

- 1º de Ed. Primaria: Susana García Calaza

- 2º de Ed. Primaria:Irene Moya Trillo 

- 3º de Ed. Primaria: Ana López Gil

- 4º de Ed. Primaria: María Carmen Abal Pérez 

- 5º de Ed. Primaria: Ana Patricia González Costa

- 6º de Ed. Primaria:Marcos Macía González 

 

- Ed. Física: Jaime Vázquez Meijide

- Lingua Extranxeira (Inglés): David Abel Cabarcos

- Música: María Luisa Rodríguez Veloso

- Xefa do Dep. de Orientación: María Jesús González Pérez

- Pedagoxía terapéutica: Sara González Magdalena

- Audición e linguaxe: Mishel Álvarez Álvarez

- Relixión Católica: María del Carmen Fernández Seco

- Plástica (plurilingüismo): Susana García Calaza

- Plurinfantil (psicomotricidade- inglés): David Abel Cabarcos

- Inglés (Ed. Infantil): Irene Moya Trillo.

- Programa RAOGAL: Silvia Muñiz Núñez

 

EQUIPO DIRECTIVO:

- Directora: María Luisa Rodríguez Veloso

- Xefa de Estudos: Ana María Tomás del Río

- Secretario: Jaime Vázquez Meijide

CIRCULA DA ANPA O CASTRO DE CASTRELO - CURSO 2024/2025

Xa está dispoñible a Circular de inicio de curso da ANPA O Castro de Castrelo. Nela recóllense as instrución de como facerse socio, normas, dereitos e o cadro das actividades extraescolares ofertadas. Poderedes facervos socios neste enlace. Logo deberarse adxuntar o xustificante de pago. Se xorde algunha dúbida, podedes contactar coa ANPA a través do teléfono 625688800. Bo curso curso 2024/2025!!!

LISTAXE MATERIAL 2024/2025

Están dispoñibles as listaxes de material para o curso 2024/2025 dos diferentes cursos.

FICHA INSCRICIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024/2025

Achégase a ficha de inscrición do comedor escolar para este curso 2024/2025 xestionado pola ANPA O Castro de Castrelo. Este servizo comezará a funcionar o 11 de setembro de 2024, que será o primeiro día lectivo. Para facer uso del, é importante que se anoten as familias dende o comezo de curso para poder xestionar este servizo. Deben reservar praza chamando ao catering (986 408 151) ou ben mandando un correo electrónico a  calidad@arelas.es

No documento adxunto terán acceso á ficha de inscrición.

SOCIOS ANPA

Achégase enlace para a inscrición na ANPA O Castro de Castrelo. Sendo socios da mesma, o alumnado dispón de seguro asociado. No caso dos usuarios de comedor, é  de obrigado cumprimento cumplimentar este formulario e facerse socio.

 

https://forms.gle/jf9fkVWGzJV8JJmt5

AXUDAS PARA TRANSPORTE E ENSINO DO CONCELLO DE CAMBADOS 2024-25

Vense de convocar un ano máis as axudas para o ensino e o transporte do Concello para alumnado que curse Educación Primaria. Poden consultar toda a información así como os requisitos para poder optar a elas no documento adxunto.

PLAN DE COMUNICACIÓN, DE BIBLIOTECA E DE ACTIVIDADE FÍSICA E HÁBITOS SAUDABLES.

No derradeiro Consello Escolar e Claustro de mestres do pasado mes de xuño, vense a aprobar e poñer en coñecemento da comunidade educativa, os plans de Biblioteca, de actividades físicas e hábitos saudables así como o Plan de comunicación. Pódense consultar todos eles clicando aquí. 

Distribuir contido