OBRADOIROS E CHARLAS PARA AS FAMILIAS: CUESTIONARIO
Enviado por admin o Mér, 12/10/2022 - 22:25As familias son parte importantísima na labor educativa e de desenvolvemento dos nosos nenos e nenas. Por eso, queremos coñecer que inquedanzas existenten na comunidade educativa así como ofrecer a oportunidade de participar en obradoiros sobre tecnoloxía que se impartirán no centro sempre que haxa demanda dos mesmos así como en temáticas de diferentes tipos. Para poder participar tanto nos obradoiros como na escolla das temáticas das charlas, deberase cumprimentar o seguinte cuestionario.
MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-23
Enviado por admin o Mar, 06/09/2022 - 09:35Xa están dispoñibles as listas de material escolar para o curso que dará comezo o día 8 de setembro de 2022.
PLAN DIXITAL
Enviado por admin o Mér, 29/06/2022 - 16:20Ponse a disposición da comunidade educativa o Plan Dixital aprobado o día 28 de xuño de 2022 no Consello Escolar. Este Plan comezará o seu desenvolvemento no vindeiro curso académico 2022/2023.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2022
Enviado por admin o Ven, 10/06/2022 - 12:22Dende o equipo de Biblioteca, achéganse as recomendacións lectoras e de xogo para este periodo estival que está a piques de comezar.
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022/2023 - LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO
Enviado por admin o Mar, 24/05/2022 - 07:33Infórmase que xa está a disposición no taboleiro interior do centro, a listaxe definitiva de alumnado admitido para o vindeiro curso 2022/2023. Seguindo a Lei de Protección de Datos, estas listaxes non poderán ser publicadas na web do centro. Non obstante, sinalar que todo o alumnado que solicitou praza nos diferentes niveis de infantil e primaria, están admitidos/as. Tamén poderán consultar esta listaxe accedendo á sede electrónica a través dos diferentes medios de identificación válidos para a mesma (certificado dixital, DNI electrónico ou similar) No vindeiro mes de maio, procederase á publicación das listaxes definitivas. Tras esta informarase do prazo de formalización de matrícula (finais do mes de xuño).
No caso de existir algunha familia interesada na presentación de admisión, lémbrase que pode realizarse igualmente este trámite sendo acollido como proceso extraordinario de admisión.
CONCRECIÓN CURRICULAR DO CENTRO
Enviado por admin o Mar, 26/04/2022 - 19:00Seguindo a Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa da avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, procédese á publicación da concreción curricular co fin de informar á comunidade educativa dos criterios xerais de avaliación do alumnado, criterios de outorgamento de mencións honoríficas así como os criterios xerais na modificación das programacións didácticas. Poderanse consultar estes aspectos no documento adxunto a esta publicación.
PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN DO COVID CON TEST DE ANTÍXENOS DE SALIVA
Enviado por admin o Mér, 19/01/2022 - 10:46Adxúntase o protocolo para a detección de infección do COVID con test de antíxenos de saliva e como se realiza a toma da mostra e lectura do mesmo.
MARCO COVID ACTUAL
Enviado por admin o Mér, 12/01/2022 - 21:29Achegamos información que pode ser de interese para as familias en relación á situación COVID actual. A continuación engádense as medidas xerais que debemos ter en conta en todos os centros educativos como medidas de prevención na propagación do virus (infografía Ministerio de Sanidad/ Ministerio de Educación y Formación Profesional)
Para información detallada, deixamos a continuación as ligazóns a estes dous textos de referencia:
- Proposta de reforzo e adaptación das medidas de prevención COVID-19 en centros educativos e centros universitarios para o reinicio da actividade presencial en xaneiro de 2022
- Adaptación da guía de actuación ante a aparición de casos de COVID-19 en centros educativos a un contexto de alta circulación de virus SARS-COV-2
ALIMENTACIÓN EN IDADE ESCOLAR. PRIORIDADES E PROBLEMAS MÁIS FRECUENTES
Enviado por admin o Lun, 29/11/2021 - 19:39Desde a E.E.I Plurinfantil da Pastora e en estreita colaboración co CFR de Pontevedra, organizan o vindeiro día 10 de decembro de 2021 ás 18:00 h unha charla online sobre alimentación en idade escolar, prioridades e problemas máis frecuentes. Invítase a toda a comunidade escolar, tanto familias como profesorado, a participar na mesma posto que é un tema que preocupa e inqueda a moitas familias. Esta charla formará parte da Escola de Familias a desenvolver neste caso promocionado pola E.E.I. da Pastora aínda que aberta a todos e todas dada a importancia do asunto a tratar.
A ligazón á charla atópase no arquivo adxunto así como neste enlace. Clica aquí
MÁSCARAS ALUMNADO CURSO 2021-22
Enviado por admin o Ven, 12/11/2021 - 15:35Infórmase da publicación no DOG do día de hoxe (12 de novembro de 20219) da ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).
Con esta publicación, ábrese o prazo de solicitude para a adquisición de máscaras para o alumnado de educación primaria que será dende o 15 de novembro ata o 26 de novembro de 2021, ambos días inclusive.
NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR PARA ESTE CURSO 2021/2022 (cheque de 50€). Este alumnado xa será beneficiario directamente deste procedemento.
Si poderán presentar solicitude aquel alumnado que non foi beneficiario desta axuda e que cumpra con algunha das seguintes condicións:
- que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €
- alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ó 65%.
Xunto coa solicitude (ANEXO I E II)que se achegará dende o centro, deberase entregar documentación complementaria podendo variar esta dependendo da situación familiar:
- copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
- en caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convencio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor
- certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
- documentación xustificativa da situación de violencia de xenero no ámbito familiar.
- resolución xudicial da incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
Para tramitar a solicitude, deberase solicitar cita previa (886 151 171 / 886 151 172). Para calquera consulta, poden contactar co centro a través dos teléfonos anteriores ou ben a través do correo electrónico ceip.castrelo@edu.xunta.gal
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »