RECOLLIDA MEDICACIÓN E MATERIAL SANITARIO PARA O POBO SAHARAUI.

Dende o centro colaborarase na recollida de medicación e material sanitario para o pobo saharaui dende hoxe ata o día 20 de novembro. Máis información nas imaxes adxuntas.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023/2024 - DÍAS NON LECTIVOS

Informamos do Calendario Escolar do centro para este curso 2023/2024 trala aprobación do mesmo polo Consello Escolar. Reseñar que como días non lectivos solicitáronse o 13 de outubro de 2023 e o 20 de maio de 2024.

A continuación detállase o calendario. Nel atópanse sombreados en gris todos os días nos que non hai clase (fin de semana e vacacións) e en verde os días de entrega de boletíns. Os días non lectivos están sinalados cun asterisco e tamén serán días nos que non haberá clase.

 

AXUDAS PARA TRANSPORTE E ENSINO DO CONCELLO DE CAMBADOS

Vense de convocar un ano máis as axudas para o ensino e o transporte do Concello para alumnado que curse Educación Primaria. Poden consultar toda a información así como os requisitos para poder optar a elas no documento adxunto.

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2023-24

Publícase a Programación Xeral Anual para o curso 2023-24 trala súa aprobación nos Claustro e Consello Escolar celebrados o pasado martes 3 de outubro de 2023.

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO CURSO 2023/2024

Achégase o horario de atención ao público do equipo directivo para o curso 2023/2024. Por motivos de organización, pregamos concerten cita previa para que poidan ser atendidos correctamente.

 

1º hora:

9:00-9:50

2ª hora:

9:50-10:40

3ªhora:

10:40-11:30

4ªhora

12:00-13:10

5ª hora:

13:10-14:00

LUNS

DIREC

XE

 

 

SECRET

 

MARTES

 

 

 

 

DIREC

MÉRCORES

DIREC

 

 

SECRET

 

XOVES

 

 

 

XE

DIREC

VENRES

 

 

 

 

DIREC/SECRET

REUNIÓNS COMEZO DE CURSO 2022-23

O vindeiro martes 19 de setembro de 2023 terán lugar as reunións de comezo de curso dos diferentes niveis/ciclos do centro. Os horarios das mesmas son os seguintes (ver a circular ao completo no adxunto):

 

Cursos

Hora

Educación Infantil

18:30 h

1º e 2º Educación Primaria

18:00 h

3º e 4º Educación Primaria

17:30 h

5º e 6º Educación Primaria

17:00 h

 

 

LISTAXE MATERIAL 2023/2024

Están dispoñibles as listaxes de material para o curso 2023/2024 dos diferentes cursos.

INFORMACIÓN PROXECTO EDIXGAL

O noso centro forma parte do Proxecto Edixgal nos cursos de 5º e 6º de Ed. Primaria. Por iso, o alumnado e profesorado traballan con ferramentas dixitais e coa plataforma EVA, unha Aula Virtual na que se recollen os materiais didácticos dispoñibles para o traballo en cada momento das aulas. Cada alumno/a terá á súa disposición un ordenador ultraportátil que poderá empregar tanto dentro como fóra da aula previa sinatura dunha cesión de uso. Ante dúbidas que xorden especialmente neste último punto, achégase información sobre este proxecto e o uso destas ferramentas no adxunto.

LUDOTECA DE VERÁN 2023

Ábrese o prazo para inscribirse na ludoteca de verán. Nos carteis adxuntos pódense consultar os prezos, actividades, teléfonos de contacto para a inscrición... 

De antemán, grazas por participar!!!

SOLICITUDE PLAN MADRUGA "OS/AS PRIMEIROS/AS DA CLASE" PARA O PRÓXIMO CURSO 2023/2024

Dende o Concello de Cambados achégase a información sobre o Plan Madruga, "Os/as primeiros/as da clase", de cara o vindeiro curso 2022/2023. O prazo de presentación das solicitudes xa se atopa aberto sendo a data límite de entrega de solicitudes o venres 16 de xuño. Deberase formalizar o proceso na Biblioteca Municipal "Luis Rei" en horario de luns a venres de 15:30 a 19:30 h con cita previa. No adxunto está á disposición toda a información sobre este servizo (horarios, prezos, lugar de entrega, solicitude, documentación a achegar...).

Distribuir contido