Skip to Content

Admisión alumnado

Listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2022/2023

 A dirección do CEIP DE BORMOIO-AGUALADA

COMUNICA:

Á vista das solicitudes de admisión presentadas para o curso 2022/2023  e tendo en conta o establecido no artido 30 da Orde 12 de marzo de 2013 (pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes), fanse públicas as listas provisionais de admitidos para dito curso.

Estas listaxes teñen un carácter provisional e poden ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles dende a súa publicación. A reclamación será presentada por escrito na secretaría do centro. 

Todas as solicitudes presentadas neste centro obtiveron praza na aula que foi solicitada polas familias.

A consulta das listaxes poderase realizar no interior das instalacións do centro educativo (en horario de 10:15 a 13:30 e de 15:15 a 17:00)

Antes do día 15 de maio publicarase a listaxe definitiva de admitidos.

Entre o día 20 e 30 de xuño deberán formalizar a matrícula na secretaría do centro.

 

Formalización de Matrícula Curso 2021/22

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula desde o 20 ata o 30 de xuño de 2021.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR NA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

    • Anexo III. Formalización de matrícula.

    • Certificado do padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel.

    • Informe médico do neno/a.

    • Fotocopia da tarxeta sanitaria.

    • Dúas fotos tamaño carné.

Rogamos que na medida do posible formalicedes a matrícula acudindo ao centro a partir do mércores 23 de xuño, unha vez finalizado o curso académico. Achegamos o Anexo III de formalización de matrícula. O resto de documentación cubrirase no centro o propio día.

Un saúdo. 

O Equipo Directivo.

Publicación Listaxe Definitiva Admisión 2021/22

A Listaxe Definitiva de Alumnado Admitido para o Curso 2021/22 foi publicada. Poderase presentar reclamación ante a Xefatura Territorial, no prazo dun mes.

A consulta consulta polas familias só se poderá realizar de forma:

  • Presencial:  Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar 
  • Non Presencial: Única e exclusivamente a través da app admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. 

A Lei de Protección de datos prohibe a publicación desta listaxe na web. Todas as solicitudes presentades foron finalmente admitidas.

O período para a formalización de matrícula será desde o 20 ao 30 de xuño.  As familias deberán  formalizar a matrícula nestas datas. Se finalizado o prazo non se tivese formalizado a matrícula, decaerá o dereito a praza obtida.

Admisión 21/22, Listaxe Provisional

A Listaxe Provisional de Alumnado Admitido para o Curso 2021/22 foi publicada. 

A consulta consulta polas familias só se poderá realizar de forma:

  • Presencial:  Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar 
  • Non Presencial: Única e exclusivamente a través da app admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. 

A Lei de Protección de datos prohibe a publicación desta listaxe na web. Todas as solicitudes presentades foron finalmente admitidas.

Un saúdo.

O Equipo Directivo

Inicio Proceso de Admisión Curso 2021/22

Ver información da entrada anterior

Do 1 ao 22 de marzo do 2021 pode presentarse no centro a solicitude de admisión e a documentación precisa para os alumnos/as que se incorporen por primeira vez  ao noso centro. O alumnado que desexe cambiar de centro deberá presentar a solicitude no centro elixido e entregar unha copia desta no de procedencia.

Vacantes para o vindeiro curso no documento adxunto.

Os alumnos/as que continúen a súa escolaridade no noso colexio NON teñen que realizar ningunha xestión. Os que comezan 1º da ESO no CPI Alcalde Xosé Pichel xa fixeron a reserva de praza.

A solicitude será única segundo o modelo Anexo II. Hai 3 vías de presentación:

  • De forma manuscrita: Anexo II. A instancia deberá ser entregada no centro e no prazo indicado. Os formularios tamén poden recollerse no propio centro.

Horario de atención Secretaría: de 10.15 a 11.10h

Información a ter en conta:

  • Ler a documentación anexada e a entrada anterior.
  • Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro que solicite en 1º lugar.
  • O alumnado, unha vez admitido no centro, ten garantía de permanencia ata a finalización das ensinanzas que o centro estea autorizado a impartir.
  • No caso do alumnado xa matriculado noutro centro educativo, se presenta a solicitude nun novo centro, deberá comunicalo ao mesmo tempo ao centro de orixe. 
  • O venres 19 de marzo o centro permanecerá pechado por ser festivo autonómico.

O Equipo Directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut