Skip to Content

Nota informativa fotos e vídeos curso 2018/19

Estimadas familias,

 

O CEIP de Bormoio-Agualada está moi comprometido ca salvagarda ambiental do noso planeta, por iso un dos nosos obxectivos a corto prazo é reducir o consumo de plásticos.

 

Por este motivo, as fotogafías e vídeos deste curso non serán entregados en DVDs, senón que estarán á vosa disposición no ordenador da sala da exposición do colexio ata o 30 de xuño, para que poidades descargalas; despois borraremos a información.

 

Recomendamos que traiade dispositivos de almacenamento superiores a 8 GB.

 

Para o vindeiro ano, gustaríanos poder utilizar plataformas na rede para poder compartir os arquivos (documentación, foto e vídeos) con toda a comunidade educativa e poder acceder desde as vosas casas; polo que precisaremos unha autorización explícita para o curso 2019-2020.

 

 

Agradecer, unha vez máis, a vosa colaboración e comprensión.

Nova imaxe da nosa páxina web

A sección bilingüe de 5º de Educación Primaria do CEIP de Bormoio-Agualada realizou un concurso para debuxar a nosa escola. A gañadora foi Lucía Cerqueiro Soneira e será a imaxe principal da nosa web.  Parabéns!

O resto das creacións podédelas ver aquí

 

Novas da semana

Estimadas familias vos informamos de:

  • Este xoves 13 de xuño non haberá clase por ser festivo local, San Antonio da Agualada.
  • Este venres 14 de xuño iremos de excursión a Santiago de Compostela.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria acudirán ás pistas de atletismo e contaremos con xuíces profesionais e adestradores de atletismo que nos ensinarán o funcionamento das distintas probas e organizarán algunhas para que nós poidamos participar.

O alumnado de Ed.Infantil, 1º e 2º de Ed.Primaria irá ao MUPEGA (Museo Pedagóxico Galego) e logo encontrarase co resto nas pistas de atletismo.

Comeremos todos xuntos na Cidade da Cultura e regresaremos ao colexio.

Horario de saída: 9:45h, polo que haberá servizo de transporte regular.

Horario de regreso: ás 18:00 h aproximadamente, polo que as familias terán que vir a recoller aos nenos/as.

 

Queremos lembrarvos da necesidade de que os nenos e nenas veñan con roupa e calzado cómodo, protección solar, merenda para medio día e un botellín de auga. O centro aportará bocadillos, auga e froita para a comida.

Exposición "O noso pasado está no presente"

O noso estupendo Equipo de Dinamización da Lingua Galega preséntanos esta mostra sobre o noso patrimonio cultural na que participou todo o centro.

Nela, poderedes adentrarvos no pasado, observar as fotografías que moitos de vós aportáchedes e ver as reproducións tan creativas, reais e orixinais que fixo o noso alumnado. 

O horario de exposición inclúe todos os días de 12:25 a 13:05h, e os mércores de 12:25 a 14:45h.

 

Para máis información, premede no propio blogue do EDLG. Quedamos á vosa disposición. Esperamos que a disfrutédes tanto coma nós!

 

 


  

 

Horario xornada continua de xuño

Estimadas familias:

 

Queremos recordar que o vindeiro luns 3 de xuño comezamos no colexio co horario de xornada continua de 9:45 h a 14:45 h polo que teredes que estar nas paradas do autobús media hora antes. 

O alumnado que quede no comedor sairá ás 16:00 h e a esa hora haberá o habitual servizo de transporte.

Durante o mes de xuño non haberá actividades extraescolares.

A dirección

 

Distribuir contido


by Dr. Radut