Skip to Content

Blogues

Admisión 2019/2020

COMEDOR 2019/2020.   

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE 

Todas as familias do alumnado que desexen utilizar o servizo do comedor deberán manifestar facer constancia na secretaría do centro dende o 22 de xuño ata o 1 de xullo do 2019. 

O modelo de autodeclaración e especificacións podedes descargalo aquí

 

 

Erasmus+

O noso centro está de noraboa. 


O proxecto de mobilidade para personal de educación escolar (KA101) presentado polo CEIP de Bormoio-Agualada en marzo de este ano resultou seleccionado para subvención dentro do programa Erasmus+.
O mestre de inglés e coordinador do proxecto participou estes días nas "Xornadas de formación inicial para todos os beneficiarios de KA101 y KA104" que se celebraron o 24 e 25 de xuño a nivel nacional en Murcia. 


A participación neste proxecto é un orgullo para o noso centro e unha vía de internacionalización e formación para toda a comunidade no futuro a corto,  medio e largo prazo. Pouco a pouco,  iremos actualizando a nosa web con máis información.

Parabéns!

Revista Escolar

Xa está aquí a nosa Revista Leria do curso 2018/2019.

Esperamos que vos guste!

 


Nota informativa fotos e vídeos curso 2018/19

Estimadas familias,

 

O CEIP de Bormoio-Agualada está moi comprometido ca salvagarda ambiental do noso planeta, por iso un dos nosos obxectivos a corto prazo é reducir o consumo de plásticos.

 

Por este motivo, as fotogafías e vídeos deste curso non serán entregados en DVDs, senón que estarán á vosa disposición no ordenador da sala da exposición do colexio ata o 30 de xuño, para que poidades descargalas; despois borraremos a información.

 

Recomendamos que traiade dispositivos de almacenamento superiores a 8 GB.

 

Para o vindeiro ano, gustaríanos poder utilizar plataformas na rede para poder compartir os arquivos (documentación, foto e vídeos) con toda a comunidade educativa e poder acceder desde as vosas casas; polo que precisaremos unha autorización explícita para o curso 2019-2020.

 

 

Agradecer, unha vez máis, a vosa colaboración e comprensión.

Nova imaxe da nosa páxina web

A sección bilingüe de 5º de Educación Primaria do CEIP de Bormoio-Agualada realizou un concurso para debuxar a nosa escola. A gañadora foi Lucía Cerqueiro Soneira e será a imaxe principal da nosa web.  Parabéns!

O resto das creacións podédelas ver aquí

 

Distribuir contido


by Dr. Radut