Skip to Content

Blogues

Temos novidades

Como xa sabedes no cole estamos a traballar dentro do noso Proxecto Anual Integrado a reciclaxe.

Despois de organizar e traballar nas aulas comezamos neste novo ano un proceso que consistirá en reducir os residuos das merendas durante o curso escolar.

Para iso deberemos usar, maioritariamente, envases retornables, co fin de eliminar as botellas de plástico e os envases dun só uso como plásticos, papel de aluminio, etc.

Cada día, cada aula, rexistrará como veñen as merendas para a final da semana facer reconto dos mesmos e a final de mes un gráfico para comparar os resultados e a evolución do programa.

A maiores, realizaremos un Patrulla Verde polos patios co fin de concienciar e aprender a reciclar os nosos residuos. Cada día da semana irá un grupo de nenas e nenos de un curso diferente a facer as gardas da reciclaxe explicando as compañeiras e compañeiros onde tirar cada residuo.

Ademais utilizaremos una estrutura de madeira para recolectar todos os plásticos que xeramos no cole e así poder mostrar o impacto na súa totalidade.

Temos que agradecer a colaboración da Carpintaría David Varela na dación da estrutura que nos facilitará a visibilidade dos residuos.

 

 

 

 

 

 

 

Felices festas

A comunidade educativa do CEIP de Bormoio-Agualada deséxavos unhas boas festas!

 

Vémonos a volta das vacacións de Nadal, o 8 de xaneiro.

Menú de Xaneiro

Aquí tedes o menú de xaneiro.

 

Carreira de Campo a Través

O pasado 29 de Novembro o alumnado de 3°, 4º, 5º e  6° EP participou na carreira de campo a través en Carballo.  Premendo na seguinte imaxe tedes mais información sobre a mesma e un pequeno vídeo. Parabéns!

Igualdade. A muller do rural galego

Hoxe tivemos a sorte de ter con nós a dúas mulleres; Rosa e Mª Jesús que viñeron contarnos e explicarnos cal é a súa profesión, son redeiras en Corme. Gracias a elas poidemos ver como reparar as redes coas que os barcos saen a mar a pescar e tamén como fan artesanias cos materiais reciclados vellos como redes de pesca, agullas ou frotadores. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut