Skip to Content

BIBLIOTECA TROTAAUGAS

 

REVOLTALLO DE COUSAS

VOZ NATURA

Secretaría

LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023/2024

A partir de hoxe podedes consultar no taboleiro de anuncios, situado no centro, a listaxe  de alumnado admitido para o curso 2023/2024.

Esa consulta tamén a podedes realizar de forma telemática na aplicación "Admision alumnado" empregando o certificado dixital ou Chave365.

 

 Todas as solicitudes presentadas en prazo foron admitidas.

ADMISIÓN DAS RESERVAS DE PRAZAS DO IES

Informamos que quedan admitidas todas as reservas presentadas no noso centro adscrito, IES Ribeira do Louro, para o procedemento de admisión.

PRAZOS PARA A TRAMITACIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023/2024.

28/02/2023
Europe/Amsterdam

PRAZOS PARA A TRAMITACIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN E DE MATRÍCULA DO ALUMNADO.

A) Lexislación aplicable:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro de 2022 polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de EI, EP, ESO e Bacharelato, reguladas na LOE.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.

B) Prazos previstos: 

PRAZOS

PROCESOS

DOCUMENTACIÓN E XESTIÓN

Antes do 1 de marzo

Publicación de postos escolares vacantes

Publicación na web e no taboleiro interno do centro.

Páxina de información: AdmisiónAlumnado

Do 1 ao 20 de marzo

Presentación de solicitude de praza ordinario (noutros centros ou nova admisión).

Impreso de solicitude (ANEXO II - ED550B):

En galego.                                             En castelán.

*Pódese recoller no noso centro educativo concertando cita previa.

Fotocopia do DNI do neno/a ou da folla correspondente do libro de familia.

De ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

Se solicita praza nun curso distinto de 4º de E. Infantil, certificación de matrícula e/ou académica do centro de orixe.

25 de abril

Publicación das listaxes provisionais de persoas

Publicación no taboleiro interior do centro.

15 de maio

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

Publicación no taboleiro interior do centro (expostas ata comezo do curso seguinte).

Do 20 ao 30 de xuño

Formalización matrícula en Educación Infantil e Primaria.

Presentación da documentación (facilítase no cole):

- ANEXO III-1.

- Documentación solicitada polo centro.

 

C) Información importante:

- Se se quere facer constar varios centros por orde de preferencia, entregarase unha única solicitude no centro pedido en primeiro lugar.

- Presentar varias solicitudes de admisión en centros distintos suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder, a non ser que se renuncie expresamente por escrito ás solicitudes anteriores.

- No caso de que a solicitude estivese correctamente cumprimentada e o número de solicitudes presentadas fose inferior ao número de prazas ofertadas polo centro, o/a alumno/a aparecerá na listaxe provisional de admitidos que será publicada antes do 25 de abril.

OFERTA DE PRAZAS VACANTES CURSO 2023/2024

A) Lexislación aplicable:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro de 2022 polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de EI, EP, ESO e Bacharelato, reguladas na LOE.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.

 

B) Información relavante sobre os postos escolares:

Nos niveis de inicio de cada etapa educativa das ofertadas neste centro (4º EI e 1º EP), porase a disposición da Administración educativa 3 postos escolares por unidade para o alumnado con NEAE, que serán asignados con prioridade pola Comisión de escolarización / Servizo Territorial de Inspección Educativa segundo corresponda.

 

C) Información sobre o uso do transporte escolar:

1- Serán usuarios lexítimos os alumnos/as cuxo domicilio (acreditado mediante padrón) se atope a unha distancia do centro educativo superior a 2 km.

2- O alumnado cuxo domicilio se atope a unha distancia do centro educativo de 2 a 1 km, poderá facer uso deste servizo sempre e cando queden prazas vacantes no autobús.

3- Non teñen dereito ao uso deste servizo o alumnado cuxo domilio non corresponda á área de influencia do colexio, aínda que se poderá autorizar o uso excepcional se quedan prazas vacantes.

As autorizacións concedidas nos puntos 2 e 3 serán unicamente para un curso escolar (2023/2024) e perderán dita praza se se precisa para alumnos/as que se matriculen en calquera momento e sexan usuarios lexítimos.

 

 

D) Vacantes ofertadas:

O número de prazas vacantes para o curso 2023/2024 é o seguinte:

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2023

Chegou a hora de coñecer o cole do teu fillo/a.

O martes 14 de febreiro ás 16:00 horas.

 

Chama e reserva a túa praza.

RESERVA DE PRAZA - IES RIBEIRA DO LOURO

Dende o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro, está aberto o prazo de reserva de praza para alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES Ribeira do Louro.

 

Dito alumnado, deberá presentar no noso centro o ANEXO I debidamente cumprimentado. Dende o centro enviamos a documentación necesaria, pero podedes descargar este Anexo premendo na imaxe:

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación

 

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (01 de marzo de 2023).

 

resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten reservada praza de oficio no centro polo dereito de permanencia.

OFERTA DE VACANTES PARA O CURSO 2022/2023

OFERTA DE VACANTES PARA O CURSO 2022/2023

A) Lexislación aplicable:

- Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

 

B) Información relevante:

Nos niveis de inicio de cada etapa educativa (4º EI e 1º EP), poranse a disposición da Administración educativa 3 postos escolares por unidade para o alumnado con NEAE, que serán asignados con prioridade pola Comisión de escolarización/Servizo Territorial de Inspección Educativa segundo corresponda.

 

C) Oferta de vacantes:

O número de prazas vacantes para o curso 2022/2023 é o seguinte:

LISTA DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-2017

LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-2017

Premendo na seguinte imaxe podedes ver a Listaxe PROVISIONAL dos libros de texto que corresponden aos vosos fillos do Fondo Solidadio.

Recórdasevos que todavía é unha listaxe PROVISIONAL, así que haberá que esperar a que se publique a listaxe definitiva, que sairá nos vindeiros días.

Listaxe provisional fondo solidario 2016-2017

Listados para a recollida dos vales de libros e material

Á ATENCIÓN DE TODOS OS PAIS DO CEIP DE CRUZ-BUDIÑO

PODEDES PREMER NAS IMAXES QUE FIGURAN A CONTINUACIÓN PARA VER OS LISTADOS DE ALUMNOS ADMITIDOS PARA A RECOLLIDA DOS VALES DE MATERIAL E/OU AXUDA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016-2017.

OS VALES PODERANSE RECOLLER NA SECRETARÍA DO CENTRO NOS DÍAS 4, 5 E 6 DE XULLO EN HORARIO DE 10:00 H. A 13:00 H.

VALES AXUDA LIBROS VALES FONDO LIBROS
Distribuir contido


by Dr. Radut