Skip to Content

BIBLIOTECA TROTAAUGAS

REVOLTALLO DE COUSAS

VOZ NATURA

O obxectivo desta páxina é manter ás familias dos nosos nenos e nenas en contacto coa actividade diaria do Centro.

A familia Trebón: Un agasallo para as hortas

Xa tedes á vosa disposición o novo videoconto de serie “Planeta Verde”, que leva por título “Un agasallo para as hortas”.

Anselmo Trebón recibe un premio especial: un recipiente para elaborar compost na súa propia vivenda e contribuír, dunha forma ecolóxica, á reciclaxe dos restos orgánicos en orixe. Pero non todo é compostable, polo que resulta necesario informarse previamente sobre os refugallos que poden e non poden ser depositados no composteiro.

LISTA PROVISIONAL DE ALUMNOS ADMITIDOS PARA O CURSO 2016-2017

No seguinte enlace podedes consultar a Lista de alumnos admitidos para o curso 2016-2017.

Recordade que a formalización da matrícula terá que facerse entre o 20 e o 30 de xuño.

LISTA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2016-2017

A familia Trebón: Un almorzo completo

Aquí tedes, baixo o título “Un almorzo completo”, o novo videoconto da serie “Planeta Verde” de Sogama.
Vito e Lilia fanse eco da importancia que ten afrontar cada día cun almorzo completo, variado e equilibrado no que non falten as froitas, os lácteos e os hidratos de carbono. Aproveitando a ocasión, recordan que, unha vez rematada a primeira inxesta do día, hai que recoller a mesa e separar os residuos de forma correcta para depositalos posteriormente nos contedores correspondentes e así propiciar a súa reciclaxe: o brick  do leite, no amarelo; o tarro da marmelada, no iglú verde; e a caixa de cereais, no azul.

Entroido 2016 - As Fotos

Si queredes descargar as fotos facede clic na presentación.

Entroido 2016 - As Fotos (Videomontaxe)

Estas son as fotos que se fixeron no entroido.

Entroido 2016 - O Desfile

Por problemas técnicos perdéronse as gravacións de vídeo feitas nas aulas. Este é o vídeo do desfile do entroido deste ano.

ACROSPORT 2016

ACROSPORT

Actividade realizada na clase de Educación Fisica cos nenos de 1º a 6º de Primaria.

Aquí vos queda a montaxe que fixo o profe Isaac.

MATRÍCULA 2016-2017

PROCESO DE MATRICULACIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2016-2017

PROCESO DE ADMISIÓNDESCARGAR FORMULARIO

PRAZAS VACANTES E RESERVA PARA O ALUMNADO CURSO 2016-2017

PRAZAS VACANTES CURSO 2016-2017

Ano 2015-2016

XANEIRO 2016

XANEIRO 2016

MAIO 2016

REVISTAQ TEMPO DE LER MAIO 2016

 XUÑO 2016

TEMPO DE LER XUÑO 2016

Distribuir contido

by Dr. Radut