Skip to Content

BIBLIOTECA TROTAAUGAS

 

REVOLTALLO DE COUSAS

VOZ NATURA

O obxectivo desta páxina é manter ás familias dos nosos nenos e nenas en contacto coa actividade diaria do Centro.

Proxecto "As Gándaras de Budiño"

Deixamos o  resumo do producto final do proxecto sobre as Gándaras de Budiño.

 

Roi Casal en concerto

Día da familia

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2017 / 18

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTOS E MATERIAL ESCOLAR

Ven de convocarse a orde do 16 de maio de 2017 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de textos e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación primaria, secundaria e educación especial (DOG 22 de maio 2017)

 

Convócanse tres tipos de axudas:

1.- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:  Alumnado que curse 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (curso 2017-2018).

- Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: seis (6) libros de texto.

- Alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: catro (4) libros de texto.

- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: seis (6) libros con independencia da renda.

2.-AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: Alumnado de 1º e 2º curso de educación primaria (curso 2017-2018)

- Renda per cápita familiar  igual ou inferior a 5.400 €: 170 €

- Renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 90 €

3.-AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: Todo o alumnado de primaria
(curso 2017-2018)

Todo o alumnado matriculado en Educación primaria. (Curso 2017-2018), con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 50 €

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 23 de maio ao 23 de xuño de 2017 incluídos

Modelo solicitude

LER MÁIS

 

 

O CONTO VIAXEIRO

Deixamos o resultado do libro viaxiero que fixeron entre todos os nenos e nenas do cole referido o proxecto de centro deste ano. Esperamos que vos guste.

LISTAXE PROVISONAL ADMITIDOS CURSO 2017/2018

 

 

ANPA Comedor escolar e aula matinal

Dende a ANPA do centro queren  saber a vosa opinión e atender as necesidades dos alumnos e pais do centro, para o que precisan saber si estariades interesados de crearse,  en usar o comedor ou a aula matinal.

 

Para  o cal, rógase cubrades un papel indicando nome e curso do alumno/a e curso, así como os servizos interesados en usar e o deixedes no buzón da ANPA.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración,

 

ANPA da Cruz Budiño

 

Nota: Este sería un exemplo do papel a crear.

 ----------------------------------

 

XXVIII CARREIRA DA ROSCA

Este ano como novidade: CARREiRA DE PAIS/NAIS.

ANIMÁDEVOS!

* O período de inscrición é ata o 4 de abril para a recollida de dorsais.

XVIII Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Unha actividade para unha boa finde de semana en familia.

Totalmente recomendable.

Distribuir contido


by Dr. Radut