Ven de convocarse a orde do 9 de maio de 2018 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de textos e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación primaria, secundaria e educación especial (DOG 21 de maio 2018)
DESTINATARIOS DAS AXUDAS:
1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:
Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º,2º,3º, e 4º da ESO.
- Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: seis (6) libros de texto.
- Alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: catro (4) libros de texto.
- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: seis (6) libros con independencia da renda.
2.-AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO
Alumnado de 1º e 2º curso de educación primaria (curso 2018-2019)
- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 €
- Renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 90 €
3.-AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
Todo o alumnado de primaria (curso 2018-2019)
Todo o alumnado matriculado en Educación primaria. (curso 2017-2018), con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 50 €
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 22 de maio ao 22 de xuño de 2018 incluídos
Modelo solicitude
Orde 9 maio 2018