NORMA:
Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/2020 (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2019)
DESTINATARIOS DAS AXUDAS:
- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: Alumnado matriculado en 3º e 4º (curso 2019/20)
- Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€: 6 libros de texto
- Alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400€ e igual ou inferior a 9.000€:4 libros
- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou con discapacidade igual ou superior ao 65%: 6 libros con independencia da renda
- AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: Alumnado de 1º e 2º de Educación primaria (curso 2019/20)
- Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€ : 170€
- Alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400€ e igual ou inferior a 9.000€: 90€
- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 170€ con independencia da renda.
- AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: Todo o alumnado de Educación Primaria
- Todo o alumnado de Educación Primaria con renda per cápita igual ou inferior a 5.400€: 50€
IMPORTANTE: O alumnado matriculado nos cursos do proxecto de educación dixital (EDIXGAL) no curso 2019/20 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. No noso centro corresponderá aos cursos 5º e 6º.
Poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 21de xuño
Para ler a orde facede clic aquí: ORDE 9 MAIO DE 2019