Skip to Content

ESTEREOTIPOS SEXISTAS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

 

"O luns catro de febreiro , tivemos unha charla moi interesante cunha monitora da Concellería de educación. Falamos das cousas que damos por feito que lles gustan aos nen@s e non ten porque gustarlle sempre a un nen@.

Ensinounos unhas fotos na pantalla interactiva da nosa clase, de revistas para nenas e outras para nenos: Princesas, Ben 10, revistas de fútbol, etc.

Tamén estivemos falando do traballo que tiñan que facer antes as mulleres, eso sigue pasando pero menos.Agora os homes traballan máis que antes nas labores da casa.

Ensinounos anuncios moi antigos nos que as mulleres traballaban soamente na casa e cando chegaban os maridos, elas tiñan que estar atentas as súas necesidades, incluso colocabao nun sillón e dáballe unha copa de coñac para que estivera contento e a tratara ben. E no anuncio puña que esa bebida era só para homes!.Analizando os anuncios de deterxentes soamente saían mulleres.

Concluíndo.PARA QUE TODO CAMBIE DEBEMOS COLABORAR NA CASA E NON PENSAR QUE HAI COUSAS PARA NENOS E OTRAS PARA NENAS."

(Paz 4º)



blog | by Dr. Radut