Skip to Content

Blogues

O NOSO AMIGO CARDIO: PROGRAMA DE SAÚDE INTEGRAL

                                   

 

Os alumn@s de Educación Infantil e as súas familias participan durante este curso 2012-13 no Proxecto de Saúde Integral dirixido polo cardiólogo Valentín Fuster.

O obxectivo deste programa é previr a obesidade infantil e as enfermidades cardiovasculares mediante a adquisición de hábitos saudables.

Traballamos a alimentación, a actividade física, o coñecemento do corpo e a xestión das emocións.


XORNADA DE ENCONTRO COS PAIS/NAIS DO ALUMNADO DE NOVA ADMISIÓN

Ante o inicio do período de solicitude de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2016-2017, o martes día 23 de febreiro, ás 17 horas, estaremos no centro a disposición dos pais e nais do alumanado de nova admisión que queiran visitarnos, intercambiar impresións ou aclarar calquera dúbida que se lles plantexe.

Lembrámoslles que o prazo para solicitar admisión de cara ao vindeiro curso é do 1 ao 20 de marzo. Este último, por non ser día hábil, cámbiase polo día 29 do mesmo mes.

O día 29 de febreiro, publicarase toda a información sobre o proceso no taboleiro de anuncios do centro e na web.

LISTAXE DEFINITIVA ADXUDICACIÓN FONDOLIBROS 3º PRIMARIA

No seguinte enlace poden consultar as adxudicacións definitivas de libros de 3º de Primaria aos alumnos e alumnas que presentaron solicitudes de FONDOLIBROS.

Os libros entregaranse a primeira semana de setembro.

LISTAXE PROVISIONAL ADXUDICACIÓN FONDOLIBROS 3º PRIMARIA

No seguinte enlace poden consultar a adxudicación provisional de libros de 3º de Primaria aos alumnos e alumnas que presentaron solicitude de FONDOLIBROS.

O horario de secretaria para posibles reclamacións é de 10.00 a 12:00 os días 8 e 9 de xullo.

A listxe definitiva publicarase o día 15 de xullo.

Os libros entregaranse a primeira semana de setembro.

LIBROS TEXTO 4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos)

VACANTES PARA O CURSO 2016-2017

As vacantes ofertadas polo centro para o vindeiro curso son as seguintes:

4º Educación Infantil (tres anos) - 25 (22+3*)

5º Educación Infantil (catro anos) - 1

6º Educación Infantil (cinco anos) - 0

1º Educación Primaria - 1*

2º Educación Primaria - 1

3º Educación Primaria - 0

4º Educación Primaria - 5

5º Educación Primaria - 2

6º Educación Primaria - 1

*Prazas reservadas para alumnado de necesidades específicas de apoio educativo. De non cubrirse con alumnado desas características cubriranse polo proceso ordinario.

INICIO DO CURSO 2014-2015

As clases comezan o vindeiro mércores, día 10 de setembro. O horario do primeiro día será de 11 a 14 horas.

O comedor comeza tamén o día 10 co horario habitual.

Os pais/nais do alumnado de 4º de Educación Infantil (tres anos) terán unha reunión coa titora ás 11:15.

 

PROXECTO EXPERIMENTAL E-DIXGAL


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou o 22/04/2014 unha Resolución pola que se convocaba a selección de centros para participar no proxecto experimental "Educación dixital" durante o curso 2014-2015.

O proxecto Educación Dixital (E-DIXGAL) ten como obxecto favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, facilitando aos centros adscritos á Rede Abalar a dispoñibilidade de libros e outros materiais dixitais cos cales poidan desenvolver o seu proxecto na tota­lidade do currículo de 5º de educación primaria no curso 2014/15, ampliándose a outros cursos e etapas nos anos seguintes.

Os centros adscritos a este proxecto terán acceso a unha contorna virtual de aprendi­zaxe cos contidos gratuítos proporcionados pola Consellería de Cultura, Educación e Or­denación Universitaria. Os centros deberán utilizar, se é o caso, exclusivamente materiais dixitais na totalidade das materias, que poden proceder desta contorna e/ou ser proporcio­nados polo centro.

O NOSO CENTRO FOI SELECCIONADO PARA A SÚA INCORPORACIÓN NESTE PROXECTO EXPERIMENTAL DE UTILIZACIÓN DE LIBROS DIXITAIS, POLO QUE AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE NO CURSO VINDEIRO ESTÉN EN 5º DE PRIMARIA, NON SOLICITARÁN AS AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO PORQUE NON TERÁN QUE MERCALOS. 

Si que deberán mercar o resto do material que está especificado.

A principio de curso realizaremos unha reunión informativa coas familias para explicar detalladamente o desenvolvemento do proxecto e aclarar dúbidas.

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO 2014

No DOG do 30 de maio de 2014 convócanse as axudas para a adquisición de libros de texto do curso 2014-2015. O prazo de entrega é do 2 de xuño ao 2 de xullo.

No seguinte enlace toda a información e a solicitude.

Distribuir contido


by Dr. Radut