Os alumn@s de Educación Infantil e as súas familias participan durante este curso 2012-13 no Proxecto de Saúde Integral dirixido polo cardiólogo Valentín Fuster.
O obxectivo deste programa é previr a obesidade infantil e as enfermidades cardiovasculares mediante a adquisición de hábitos saudables.
Traballamos a alimentación, a actividade física, o coñecemento do corpo e a xestión das emocións.