Skip to Content

blogue deadmin

O NOSO AMIGO CARDIO: PROGRAMA DE SAÚDE INTEGRAL

                                   

 

Os alumn@s de Educación Infantil e as súas familias participan durante este curso 2012-13 no Proxecto de Saúde Integral dirixido polo cardiólogo Valentín Fuster.

O obxectivo deste programa é previr a obesidade infantil e as enfermidades cardiovasculares mediante a adquisición de hábitos saudables.

Traballamos a alimentación, a actividade física, o coñecemento do corpo e a xestión das emocións.


ESTEREOTIPOS SEXISTAS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

 

"O luns catro de febreiro , tivemos unha charla moi interesante cunha monitora da Concellería de educación. Falamos das cousas que damos por feito que lles gustan aos nen@s e non ten porque gustarlle sempre a un nen@.

Ensinounos unhas fotos na pantalla interactiva da nosa clase, de revistas para nenas e outras para nenos: Princesas, Ben 10, revistas de fútbol, etc.

Tamén estivemos falando do traballo que tiñan que facer antes as mulleres, eso sigue pasando pero menos.Agora os homes traballan máis que antes nas labores da casa.

Ensinounos anuncios moi antigos nos que as mulleres traballaban soamente na casa e cando chegaban os maridos, elas tiñan que estar atentas as súas necesidades, incluso colocabao nun sillón e dáballe unha copa de coñac para que estivera contento e a tratara ben. E no anuncio puña que esa bebida era só para homes!.Analizando os anuncios de deterxentes soamente saían mulleres.

Concluíndo.PARA QUE TODO CAMBIE DEBEMOS COLABORAR NA CASA E NON PENSAR QUE HAI COUSAS PARA NENOS E OTRAS PARA NENAS."

(Paz 4º)

O BONECO DE NEVE

Este inverno o noso boneco de neve chegou disfrazado, e para non derreterse rodeouse de froitas e verduras que o fan máis forte e sán.  

   

ENTROIDO INFANTIL

 

 

Coas caretas de mazá en Infantil de 4 anos tamén celebramos o entroido lembrándonos do noso amigo Cardio:

 

   

 

 

 

         “Unha mazá cada día

         e terás moita alegría”                   

PLANETARIOS EN 2º

PLANETARIOS EN 2º

Os alumn@s de 2º elaboraron estes planetarios para descubrir os movementos de rotación e traslación da Terra e da Lúa. Quedaron moi chulis...!!!     

                                                  

      

 

 

 

 

 

 

MATRIOSCAS POLO DÍA DA PAZ

MATRIOSCAS POLO DÍA DA PAZ

 

Polo dia da Paz, 30 de xaneiro, na clase de 2º de Primaria comentamos as diferenzas culturais dos países do noso entorno (diferentes pero iguais). E desta ruta cultural trouxemos un souvenir que elaboraron os alumn@s: as matrioscas rusas.

                   

 

ENTROIDO 2013

Distribuir contido


by Dr. Radut