PROGRAMA CÓXEGAS CURSO 2018-2019

07/09/2018 08:59
Europe/Madrid

PROGRAMA CÓXEGAS

CURSO 2018-2019

 

 

O programa Cóxegas é unha proposta que xurde como resposta a demanda das familias

para poder conciliar a vida familiar e laboral ata o último día do curso escolar.

 

Os obxectivos do programa son os seguintes:

- Ofrecer unha vía de conciliación familiar no propio centro educativo.

- Afianzar hábitos e normas de comportamento e convivencia.

- Favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social

e da personalidade dos nenos e das nenas a través do xogo

e as actividades lúdicas axeitadas a cada idade.

 

CÓXEGAS COTA A ABOAR

Período

Cota Setembro 15€

Xuño 15€

PERÍODO DE REALIZACIÓN

Período1: do 12 ao 28 de setembro de 2018

Período 2: do 3 ao 21 de xuño de 2019

HORARIO

De luns a venres, das 16.00 ás 18.00 h.

PERSOAS DESTINATARIAS

Nenos e nenas matriculados en colexios público s d o concello de A Coruña,

precisando un mínimo de 10 escolares inscritos para a formación de grupo

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Este programa ofrece ao alumnado a oportunidade de realizar xogos e deportes

así coma actividades lúdicas de animación teatral, plástica ...

baixo un enfoque integrador onde os nenos e as nenas serán os propios protagonistas,

mediante a creación dunha aventura virtual nestas tres semanas de duración.

PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN

Período 1: a partir do 3 de setembro de 2018

Período 2: do 6 ao 10 de maio de 2019

No lugar e horario que estableza o ANPA do teu cole

 

HORARIO APA:

A partir o 7 de setembro e ao longo da semana próxima, de 9:00 a 10:00 h 

agás o xoves que será de 16:00 a 17:00h.

 

 

 

 Podes descargar este documento facendo click aquí

 

 

 

APA Parque de Belona  Campo de Marte, s/n     15002    A Coruña

 www.edu.xunta.es/centros/ceipcurroscorunha/ (apartado Pais/Nais)

 

 

AdxuntoTamaño
IMAGEN COXEGAS.jpg28.32 KB
programas_2018.pdf822.28 KB