Eventos
Estimadas Famili@s,
Ábrese o prazo para iniciar as Renovación de Socios do APA para o Curso 2018-2019, así como as Renovacións e Altas do Servizo de Comedor para o Curso 2018-2019. O prazo estará aberto a semana do 11 de Xuño a 15 de Xuño.
O HORARIO do APA será:
De 9:00 a 10:00 => O Martes 12 de Xuño e Venres 15 de Xuño.
De 16:00 a 17:00 => O Mércores 13 de Xuño e Xoves 14 de Xuño.
APA Parque de Belona Campo de Marte, s/n 15002 A Coruña
www.edu.xunta.es/centros/ceipcurroscorunha/ (apartado Pais/Nais)
Estimad@s Familias:
Con motivo de celebración da fin de curso, o APA do cole organiza , o XOVES 21 de Xuño, de 17:00 a 20:00h (último día lectivo),
unha FESTA DE INCHABLES para o alumnado do CEIP Curros Enríquez.
Só poderán entrar os alumnos matriculados no cole e irmáns: os SOCIOS NON PAGAN; os NON SOCIOS pagarán 1€ por menor e 3€ por adulto.
Todos os menores irán acompañados por algún adulto responsable (máximo 2 adultos por menor).
Como é habitual, poderedes colaborar levando algo para compartir.
Nesta ocasión, como NOVIDADE haberá INCHABLES ACUÁTICOS, polo que recomendamos levar mudas para os nenos.
E agora..... !!!!a disfrutar da Festa!!!
Un saúdo
APA Parque de Belona Campo de Marte, s/n 15002 A Coruña
www.edu.xunta.es/centros/ceipcurroscorunha/ (apartado Pais/Nais)