Eventos
Estimadas familias:
Desde a APA Parque de Belona queremos dar as grazas a todos os que nos ofreceron axuda e apoio para poder levar a cabo a
FESTA DE ENTROIDO
Teremos gracias a vos: pintacaras,photocall e taller de máscaras.
Tamén contaremos con globoflexia de 17:30 a 18:00hs.
Aínda precisamos máis voluntarios para control de accesos, bar e recoller ao remate. Animádevos a colaborar.
Sen vós non sería posible!!!
-
Día: 09 de febreiro , venres
-
Lugar: Salón de actos do colexio.
-
Hora: de 17:30 a 19:30 hs.
-
Prezo para socios de APA: Gratis (máximo dous adultos por menor).
-
Prezo para NON socios: 1 € por neno/a; 3 € por adulto.
Os menores deberán estar acompañados en todo momento por un adulto responsable.
Non olvidedes traer algún doce relacionado co Entroido para compartir entre todos (orellas, filloas, rosquillas, biscoitos……). Podedes entregalos desde as 16:00 hs dese mesmo día, nas oficinas da APA.
Moitas grazas, novamente, pola vosa colaboración e apoio.
Podes descargar este documento facendo click aquí
APA Parque de Belona Campo de Marte, s/n 15002 A Coruña
www.edu.xunta.es/centros/ceipcurroscorunha/ (apartado Pais/Nais)
Estimadas familias:
A APA Parque de Belona súmase á posta en marcha dos novos recursos (aplicación TokApp School)
habilitados polo CEIP Curros Enríquez na comunicación coas familias, para a difusión de circulares a través deste medio,
así como a través da páxina web do centro, co ánimo de sermos máis eficientes á hora de transmitir a información.
Moitas grazas!
APA Parque de Belona Campo de Marte, s/n 15002 A Coruña
www.edu.xunta.es/centros/ceipcurroscorunha/ (apartado Pais/Nais)
A Coruña, 1 de febreiro de 2018.
Estimadas familias,
Temos a vosa disposición o IMPORTE DA SUBVENCIÓN de COMEDOR para aquelas familias que fixeran uso deste servizo durante o curso escolar 2016-2017.
O modo de cobro, segundo se aprobou na Xunta Ordinaria de Socios o curso pasado, será mediante cheque bancario, podendo cobrar o importe sen custo alguno na oficina do Banco Pastor situada na rúa San Agustín nº 21.
Deberán acudir a partir do día 8, xoves á oficina da APA no horario habitual para retirar o cheque.
O prazo para recoller a subvención será ata o fin do mes de febreiro. Pasado o cal, os importes non devoltos se considerarán una doazón á APA Parque de Belona.
APA Parque de Belona Campo de Marte, s/n 15002 A Coruña www.edu.xunta.es/centros/ceipcurroscorunha/ (apartado Pais/Nais) |
|
A Coruña, 28 de febreiro de 2018.
Estimadas familias,
Este VENRES 2 de Marzo, á Oficina do APA permanecerá pechada, polo que esta semana o APA abrirá o XOVES 1 de Marzo no seu horario habitual, de 16:00 a 17:00 horas.
Sentimos as molestias que isto poda ocasionar.
APA Parque de Belona Campo de Marte, s/n 15002 A Coruña
www.edu.xunta.es/centros/ceipcurroscorunha/ (apartado Pais/Nais)