Eventos
Uniforme no Colexio Curso 2016-2017 Enquisa.
Estimadas familias:
Na última asemblea de Socios da APA Parque de Belona algúns/algunhas pais/nais manifestáronnos o seu interese sobre a implantación de uniforme escolar optativo no centro.
Puxemos en marcha un cuestionario a todas as familias de alumnos (socios e non socios) para coñecer a vosa opinión ao respecto.
En primeiro lugar queremos deixar claro que a APA é soamente unha vía para canalizar dita inquietude, sen estar de acordo nin en desacordo coa proposta. De feito, dentro da Xunta Directiva temos opinións diferentes e é por iso que queremos que de forma respectuosa todos podamos expresar a nosa opinión ao respecto.
Detalles da consulta:
-
O prazo de entrega do cuestionario será entre o 11 e o22 de abril de 2016.
-
Soamente se cumprimentará un cuestionario por familia.
-
Para considerar que existe un desexo de implantación de uniforme, deberán así manifestalo un 75% das familias preguntadas.
-
O cuestionario será tomado en conta se a responde ao menos un 75% das familias do centro (socios e non socios da APA).
-
Se o resultado da consulta é afirmativo, o Consello Escolar deberá ratificalo.
-
En todo caso o uniforme será de CARÁCTER OPTATIVO.
-
A consulta non pode ser anónima para poder asegurar a fiabilidade desta, polo que o cuestionario deberá ser totalmente cumprimentado. Garantirase a confidencialidade dos datos e opinións con respecto ao uso do uniforme escolar.
-
A opinión expresada no cuestionario NON é vinculante, é dicir, non se obrigará a ninguén a seguir o que manifestara no mesmo. De todos os modos rogamos COHERENCIA NAS RESPOSTAS.
-
Unha vez cumprimentado o cuestionario, podédelo entregar ao tutor dos vosos fillos, nas nosas oficinas ou mandar correo electrónico a parquebelona@gmail.com.
-
Terminado o prazo da sondaxe, e realizado o reconto de votos, procederase a informar as familias do resultado obtido e de qué pasos se seguirán a continuación.
Desexamos destacar a importancia da vosa participación, xa que desde a Xunta directiva da APA o que se quere é que a decisión, sexa tomada pola maioría das familias con fillos no centro.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Podes descargar esta circular e a enquisa facendo click aqui