Dinamización Lingüística
O Samaín 2017
A semana anterior á celebración do Samaín os/as titores/as traballaron nas aulas esta tradición de orixe celta.
Nas materias de Plástica/ Arts and Crafts e Lingua Galega traballouse o tema durante toda a semana e incluso o alumnado de 6º preparou un coñecido baile de zombies
Tamén se elaboraron unhas candeas terroríficas, en colaboración coas familias, para decorar a entrada do colexio.
O alumnado de infantil preparou o "Libro dos feitizos" e o de primaria o de "Contos de medo". Aínda están en maquetación, ao seu remate mostrarémosvos o resultado.
Como todos os anos a biblioteca tivo durante a semana unha gran exposción de libros terroríficos.
SOMOS CONTACONTOS
Os alumnos/as de 6º convertéronse en contacontos para facer as delicias do alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria.
O libro libro elixido foi: Os dous corcovados, conto popular adaptado por Raquel Méndez.
O ENTROIDO MUSICAL
Este ano a temática elixida para festexar o entroido foi a dos estilos musicais.
- En E.I. disfrazáronse de tunos.
- En 1º fixeron un culto a Bob Marley.
- En 3º bailaron ao rimo do rap.
- En 4º recuperaron a moda punk.
- En 6º convertéronse no musical "O rei león".
- En 6º rememoraron o rock an roll.
As familias puideron gozar do desfile e das coreografías do alumnado.
Previamente nas aulas tamén se traballou esta temática.
DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
O martes 31 de xaneiro adicamos un anaco do noso tempo a facer un acto conxunto para celebrar o Día da Paz.
No ximnasio do colexio xúntamonos alumnos/as e mestres/as para cantar unha fermosa canción que lembraba a realidade dos refuxiados. A letra, a música e os arreglos fíxoos o mestre de música.
Previamente traballamos na aula o tema da paz e da non violencia e construimos entre todas e todos o Xardín da Paz.
FESTIVAL DE NADAL 2016
O martes 20 de decembro participamos no festival de nadal do cole con diversas actuacións:
- Big Band
- Grupo de teatro do colexio coa obra "Boom!"
- Grupo de panxoliñas
- Entrega de premios do concurso de tarxetas de nadal
O MAGOSTO
O Curros celebrou o día de S. Martiño cunha xornada festiva con variadas actividades:
Comezamos o día cunha andaina pola nosa fermosa carballeira.
Logo repuxemos forzas cunha degustación de froitos e postres de outono, ademais de castañas asadas.
E para finalizar a festa participamos nunha sesión de xogos tradicionais: carreira de sacos, o pano, os bolos, o tirasoga, a silla. a pita cega...
A FESTA DO SAMAÍN
A biblioteca transformouse nun lugar terrorífico, os días 27 e 28 de outubro, para celebrar a festa do Samaín.
Os corredores estaban a escuras só iluminados pola luz que saía dalgunhas candeas e ao lonxe sonaba unha música terrorífica.
Os nenos e nenas do colexio subiron á Biblioteca onde os esperaba un bruxo moi especial e morreron de medo coa dramatización do Kamishibai "O Samaín".
Logo do susto tamén gozaron coa exposición de libros que alí había.
No Salón de Actos recreouse o bosque das ánimas para que os nenos e nenas o recorreran e se achegaran ao outro mundo, o mundo do máis alá.
ANIVERSARIO DE ROSALÍA
Tal día coma hoxe, un 24 de febreiro de 1837, naceu Rosalía de Castro en Padrón (A Coruña)
Desde a biblioteca imos propoñervos dúas actividades:
1ª: Un puzzle da imaxe de Rosalía (reinterpretación en estilo pop feita polo Rei Zentolo).
2ª:Coñecemos a súa vida
LECTURAS CO KAMISHIBAI
O equipo de voluntarios e voluntarias da biblioteca quixo agasallar aos seus compañeiros/as cunhas sesións de contos no teatrillo xaponés, kamishibai.
Os contos elixidos foron:
- O gato con botas, para educación infantil
- Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?, para toda a primaria.
Do 16 ao 24 de febreiro durante a HORA DE LER os diferentes cursos foron pasando pola biblio para deleitarse coas imaxes e as historias que os nenos e nenas de 5º e 6º ían contando.
O ENTROIDO 2016
Este ano o entroido do Curros fixo unha pequena viaxe por diferentes culturas do mundo.
Previamente todo o colexio fixo un traballo de investigación para coñecer mellor a cultura do país que lle tocou representar.
DÍA DA PAZ
Este curso, aproveitando que varios mestres/as tocan diferentes instrumentos: guitarra, teclados, baixo, violín..., decidimos facer unha gran orquesta acompañados polos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria (eles/as coas frautas) para celebrar o Día da Paz.
A canción escollida foi Blowind in the wind.
A canción pódese ver e escoitar na nosa canle de Youtube.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »