O Samaín 2017
A semana anterior á celebración do Samaín os/as titores/as traballaron nas aulas esta tradición de orixe celta.
Nas materias de Plástica/ Arts and Crafts e Lingua Galega traballouse o tema durante toda a semana e incluso o alumnado de 6º preparou un coñecido baile de zombies
Tamén se elaboraron unhas candeas terroríficas, en colaboración coas familias, para decorar a entrada do colexio.
O alumnado de infantil preparou o "Libro dos feitizos" e o de primaria o de "Contos de medo". Aínda están en maquetación, ao seu remate mostrarémosvos o resultado.
Como todos os anos a biblioteca tivo durante a semana unha gran exposción de libros terroríficos.
Proxectáronse dúas curtas para asustar ao noso alumnado: "A bruxa regañadentes" para infantil, 1º e 2º e "Samaín" para o resto de nenos e nenas, curta feita polo equipo de biblioteca para explicar a orixe da celebración.
O túnel do medo, sen dúbida, foi a actividade estrela da xornada e por el pasaron tódolos nenos e nenas do colexio.