Skip to Content

Enquisa Unintegra (Universidade de Santiago de Compostela)

Estimadas familias, recentemente a Doutora da USC, Mar Lorenzo Moledo púxose en contacto co noso centro para solicitar a nosa colaboración no marco do Proxecto Unintegra que a Universidade de Santiago de Compostela, xunto con outras entidades, está liderando baixo a financiación da Comisión Europea.

Adxuntamos a continuación a comunicación para as familias do centro, de xeito que poidades comprender mellor de que se trata e pregámosvos no nome da devandita institución participedes na enquisa accesible dende o enlace que atoparedes a continuación:

 

Estimado/a pai/nai:

Dirixímonos a vostede para solicitarlle a súa colaboración co fin de levar a cabo unha investigación no marco do Proxecto UNINTEGRA – University leading full and stepwise approach to the integration of refugees (A Universidade á fronte dun enfoque completo e progresivo da integración das persoas refuxiadas), que a Universidade de Santiago de Compostela, xunto a outras entidades, está liderando baixo a financiación da Comisión Europea (https://unintegra.usc.es/index.php).

Este estudo ten como principal obxectivo abordar as necesidades básicas de integración das persoas refuxiadas e establecer un marco normativo en cada comunidade de acollida.

Con este cuestionario o que pretendemos é coñecer o que pensan os/as cidadáns respecto das persoas refuxiadas. Para iso, é moi importante que conteste á información que se lle solicita no cuestionario que lle indicamos máis abaixo.

Lea atentamente as diversas cuestións e seleccione a opción de resposta que lle resulte máis próxima ou que mellor se axuste a súa situación.

Completalo levaralle aproximadamente 10 minutos do seu tempo.

Por favor, prema no seguinte enlace para acceder ao cuestionario:

https://es.surveymonkey.com/r/CAFARE-E

Moitas grazas pola súa colaboración. 

 



Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

blog | by Dr. Radut