Skip to Content

ALIMÉNTATE BEN: Reparto de froita.

Queridas familias, a partires deste luns 11 e ata o luns 25 no Coutada-Beade procederemos a repartir as froitas que Frutas Nieves -como empresa distribuidora participante do noso Plan Proxecta- nos entregará durante 10 días para disfrutar entre todo o alumnado do centro.

Lembrade que se trata de fomentar o consumo de alimentos saudables á hora da merenda que se fai no colexio, así que, durante estes 10 días sería xenial que aceptasedes que nos fagamos cargo deste prato!

Tentamos seleccionar froitas variadas para que cada día poidamos desfrutar unha peza diferente. Seguro que entre todos e todas será máis divertido probalas! 

ATENCIÓN: Así mesmo, informamos a todo o alumnado que durante as dúas vindeiras semanas (coincidindo co reparto de froita) o reto por equipos quedará en pausa, para retomalo de novo o día 26 de marzo, agardamos que con máis ganas que nunca Sorriso

O equipo gañador da semana do 25/02 ao 01/03 farase público este luns 11 de marzo (esta semana que remata non será computable por ter só 2 días lectivos, un deles, ademais, con folga).

Quen será, será...??? Aviso, ides levar unha sorpresa! Guay

* Queredes coñecer aos gañadores das pasadas semanas? Tedes acceso ao álbum aquí.

* Tamén imos actualizando os nosos Receitarios Saudables. Podedes acceder ao álbum aquí.



Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

blog | by Dr. Radut