Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

Listado definitivo de Admitidos para o curso 2021-22

Está publicada no centro a listaxe definitva de admitidos en 4º de Educación Infantil.

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión dentro do prazo establecido obtén praza no centro.

Os que presentaron solicitide para os outros cursos de Infantil e Primaria tamén foron admitidos.

Luns 3 de maio non lectivo

Lembrade que o vindeiro luns 3 de maio non hai clases en todos os centros de primaria e secundaria do concello.

saúdos

Admisión de Alumnado

Está publicada no centro a listaxe provisional de admitidos en 4º de Educación Infantil.

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión dentro do prazo establecido obtén praza no centro.

Abalar Mobil

Dende o colexio comunicamos que nestes días cambiaremos a aplicación de mensaxería, abandonando o uso da aplicación "TokApp School", para utilizar a aplicación "Abalar Móbil" que ofrece a Consellería de Educación. Aquí abaixo tedes un pequeno vídeo coas instrucións para descargar e instalar esta aplicación.

Con esta aplicación poderedes recibir mensaxes e notificacións do centro e mesmo consultar as notas dos vosos fillos e fillas cando estean publicadas.

 

Aberto o prazo de Admisión

Presentación de solicitudes para alumado de novo ingreso ou que cambian de centro.

Prazo: do 1 ao 22 de marzo

Os impresos pódense descargar no anexo adxunto.

Tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

A solicitude terá que ser asinada por calquera d@s titulares da patria potestade ou reprentantes legais do alumnado.

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinaturade ámbolos dous proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuida, con carácter exclusivo a un deles. Nestes casos será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente.

Cada solicitante só poderá presentar unha única solicitude no centro

TITORIAIS DA AULA VIRTUAL

Aquí vos deixamos algúns titoriais para o uso da aula virtual:

ALUMNADO MENSAXERÍA NA AULA VIRTUAL

https://www.youtube.com/watch?v=jRTpxEH60u0&feature=youtu.be

 

ALUMNADO RESPONDER A UNHA PROBA

https://www.youtube.com/watch?v=K4w202EfQTc&feature=youtu.be

 

ALUMNADO PERFIL E CUALIFICACIÓNS

https://www.youtube.com/watch?v=gjGh_12BSXM&feature=youtu.be

 

EDITOR DE TEXTO

https://www.youtube.com/watch?v=tdAThXSbKWg&feature=youtu.be

 

ALUMNADO ENTREGAR TAREFA EN PDF

https://www.youtube.com/watch?v=353p4uW-thw&feature=youtu.be

Distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria

Alumnado Destinatario:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

 a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

 b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

Plan adaptación ao contexto COVID

 


 
Este Plan tamén o podedes descargar no ficheiro adxunto

Horarios para a entrada escalonada dos días 10 e 11

 DIA 10 

  • 3°A.  9:15
  • 3°B.  9:30
  • 2°A.  9:45
  • 2°B.  10:00
  • 1°B.  10:15
  • 5°E.I A. 10:30
  • 5°E.I B. 10:45
  • 4°E.I   11:00

DÍA 11 

  • 1°A.  9:15
  • 6°A.  9:30
  • 6°B.  9:45
  • 5°A.  10:00
  • 5°B.   10:15
  • 4°.   10:30
  • 6°E.I.  11:00

Bolsas e axudas para alumnos con NEAE 2020-2021

O plazo para solicitar a bolsa remata o día 30 de setembro. Ao igual que en cursos anteriores, a solicitude hai que facela no enderezo web do ministerio de educación:

 

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1399

 

Unha vez cuberta a solicitude hai que imprimila e presentala no colexio antes do día 30 de setembro, xunto coa documentación que se pida (copia do DNI…)

 

 

 

En calqueira caso se tedes calqueira dubida podedes acudir ao Departamento de Orientación do cole a partir do día 1 de setembro, onde tentaremos axudarvos no que sexa posible

Distribuir contido

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro