Inicio de sesion
BOLSAS NEAE 2024-2025
Enviado por admin o Mér, 04/09/2024 - 04:18Lembrade que o prazo para entregar as solicitudes de bolsa deste curso 2024-2025 no colexio remata o 13/09/2024.
https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109
Unha vez cuberta a solicitude hai que imprimila e presentala no colexio, xunto coa documentación que se pida (copia dos DNI, certificado de discapacidad, documentación bancaria, memorias dos gabinetes...).
LISTAXES FONDO SOLIDARIO DE LIBROS
Enviado por admin o Mar, 02/07/2024 - 18:06Informamos de que xa está publicada a listaxe PROVISIONAL do fondo de libros (podedes pasar polo centro ou chamar para informarvos), a DEFINITIVA publicarase o venres polo que poderedes pasar polo centro a recoller os vales a partir do luns 8 en horario de 10:00 a 13:30 horas.
Un saúdo.
libros de texto 2024/2025
Enviado por admin o Xov, 27/06/2024 - 07:42NOVO NÚMERO DA REVISTA TROITA
Enviado por admin o Lun, 24/06/2024 - 18:03Un ano máis queremos compartir con toda a comunidade educativa un anaquiño do noso traballo neste curso 23/24 que llega ao seu fin.
Aquí tedes un novo número da nosa TROITA!!!!!
Agardamos que vos guste e que nela vexades o agarimo co que mestrxs e nenxs traballamos.
COMEDOR ESCOLAR
Enviado por admin o Lun, 24/06/2024 - 17:21SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR CURSO 24/25:
Estimadas familias, ÁBRESE o prazo para solicitar o uso do comedor escolar para o vindeiro curso 24/25.
Segundo a INSTRUCIÓN 2/2024 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN INDIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2024-2025, o uso do comedor escolar suporá un aboamento de certas tarifas, estas establécense en función da renda per cápita das unidades familiares. Para facer o cálculo tedes toda a información na solicitude, os datos fiscais que hai que xustificar son os da declaración da Renda do ano 2023.
A consellería de educación establece para este curso 24/25 un total de 78 prazas para o noso comedor escolar.
É moi importante que o alumnado que xa fai uso do comedor entregue a solicitude para a renovación da praza, o non entregala suporá a perda de dita praza.
Podedes recoller a solicitude no centro ou descargala no enlace e poderedes entregala no centro ou enviala por correo electrónico ao seguinte enderezo:
ceip.cordo.boullosa@edu.xunta.gal
O prazo de entrega será dende hoxe ata o MÉRCORES 10 de xullo.
Lembrade ler ben os datos recollidos na instrución á que podedes acceder no seguinte enlace
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25
Enviado por admin o Xov, 23/05/2024 - 05:14Bos días!!
Informamos de que xa está publicada a CONVOCATORIA do fondo solidario de libros de texto para solicitar as axudas para adquirir os libros de texto e material escolar.
ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.
O prazo de presentación de solicitudes remata o DÍA 21 DE XUÑO. As solicitudes fóra de prazo perderán o dereito de participar neste programa.
DOCUMENTACIÓN:
Solicitude e Anexo II (pódense descargar no seguinte enlace, documento so para descarga non intentar cubrir en liña).
https://drive.google.com/file/d/1_gYOqXWuuCb-3ruHriGt3S3mfsNGVk2d/view?usp=drive_link
FOTOCOPIA do libro de familia onde figure a alumna ou alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS
Enviado por admin o Mar, 02/04/2024 - 08:52Bos días, informamos de que todo o alumnado que realizou o proceso de admisión dentro do prazo ordinario establecido (do 1 ao 20 de marzo), está admitido. A listaxe do alumnado está publicada no centro.
Antes do 15 de maio publicaremos as listaxes definitivas.
Un saúdo.
VACANTES PARA O PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-25
Enviado por admin o Mér, 28/02/2024 - 10:074º Educación Infantil 2 Grupos 40 vacantes (6 NEE)
5º Educación Infantil 1 Grupo 6 vacante
6º Educación Infantil 1 Grupo 0 vacantes
1º Educación primaria 2 Grupos 6 vacantes (6 NEE)
2º Educación primaria 2 Grupos 0 vacantes
PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 24/25
Enviado por admin o Ven, 23/02/2024 - 18:35O prazo para a entrega das solicitudes será dende o 1 ao 20 de marzo.
Nos arquivos adxuntos podedes descargar a instancia (en galego ou en castelán) e o Anexo II-bis, tamén podedes pasar pola secretaría do cole a recollelos.
Pódese entregar no centro ou facelo a través da sede electrónica (coa chave 365 ou con certificado dixital).
Xunto coa instancia será necesario entregar fotocopia do libro de familia (ou fotocopia do DNI do alumn@ e dos proxenitores) e de ser o caso a resolución xudicial de separación ou divorcio. No caso de alumnado que solicita praza nun curso que non sexa 4º E.I, deberá presentar tamén a certificación de matrícula do centro actual.
A listaxe provisional publicarase antes do 25 de abril, a continuación haberá 5 días hábiles para reclamacións e antes do 15 de maio publicarase a listaxe definitiva.