Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

COMEDOR ESCOLAR

SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-24

 

Estimadas familias:

Ábrese o prazo para solicitar o uso do comedor escolar para o vindeiro curso 2023-24.

Segundo a instrución 3/2023, da secretaría xeral técnica da consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 23-24, o uso do comedor suporá o aboamento de certas tarifas, estas establécense en función da Renda per cápita da unidade familiar, e poden ser os seguintes:

0 € (gratuíto)renda anual neta per cápita menor ou igual a 7.000 €

1 € por día renda anual neta per cápita de 7.000,01 a 8.000 € ou familias de 3 ou mais alum@s do centro e renta per cápita superior a 7.000,01

2,50 € por día renda anual neta per cápita de 8.000,01 a 9.000 €

4,50 € por día renda anual neta per cápita igual ou superior a 9.000€

Para facer o cálculo explícase todo o proceso no anexo, os datos fiscais que hai que xustificar son os relativos a declaración da renda do ano 2022.

 

A Consellería de Educación estableceu un total de 71 prazas para o noso comedor escolar.

É moi importante que o alumnado que xa fai uso do comedor entregue a solicitude para a renovación e así saber cantas prazas podemos ofertar ao resto do alumnado.

A solicitude pódese entregar no centro ou mandala por correo electrónico.

AdxuntoTamaño
Solicitude comedor 2023-24.pdf446.24 KB

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro