Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

SOLICITUDE USO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020-21

Estimados pais e nais:

Ábrese o prazo para solicitar o uso do comedor escolar para o vindeiro curso 2020-21. O uso do servizo, de conformidade co disposto no artigo 13 do Decreto 132/2013 

Para solicitar praza cubrir o anexo que se adxunta e presentalo no centro escolar.

 

As tarifas de pago do servizo van a estar en función da Renda per cápita da unidade familiar, e poden ser as seguintes:

 

0 € (gratuíto)   renda anual neta per cápita menor ou igual a 7.000 €

-O alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais correspondentes.

-O alumnado que se atope en situación de acollemento residencial ou familiar.

-O alumnado cun grado de discapacidade declarado igual ou superior ao 33%.

-O alumnado pertencente a unidades familiares vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero acreditada documentalmente. 

 

1 € por día renda anual neta per cápita de 7.000,01 a 8.000 € ou familias de 3 ou mais alum@s do centro e renta per cápita superior a 7.000,01

 

2,50 € por día renda anual neta per cápita de 8.000,01 a 9.000 €

 

4,50 € por día renda anual neta per cápita igual ou superior a 9.000 €

 

Para facer o cálculo explícase todo o proceso no anexo VI que se adxunta con esta nota. Hai que aclarar que os datos fiscais que hai que xustificar son os relativos a declaración da renda do ano 2019 (a declaración da renda presentada este ano)

A Consellería de Educación estableceu un total de 71 prazas para o noso comedor escolar.

AdxuntoTamaño
Autodeclaración 2020.pdf170.81 KB

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro