Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

IMPORTANTE AXUDAS ECONOMICAS USUARI@ COMEDOR ESCOLAR

Ola bos días, este aviso e  para o alumnado que asiste ao comedor escolar e ten gratuidade total ou o alumnado que ten que pagar 1 euro.

Onte saiu publicada no DOG a  ORDE DO 27 DE MARZO DE 2020, ESTABLÉCENSE  UNHAS LIÑAS DE AXUDA PARA ESTE TIPO DE USUARIOS na que se establecen axudas para compensación do custo diario do menú por comensal e polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo.

Isto quere dicir que ao alumnado que fai uso gratuíto do comedor escolar ingresaráselle  unha cantidade de 2,50 € por dia en que o comedor este pechado e para os que pagan 1€  ingresaráselle  unha cantidade de 1,50 €

Para obter estas axudas hai dúas  maneiras de tramitalo:

1.- por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED601B dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia:   https://sede.xunta.gal e que vos enviamos como anexo ou podedes descargar na páxina web do colexio.

2.-No caso  de non ser quen de facelo deste xeito, pedirán axuda a través do noso colexio, enviando o documento ED601B cuberto,  ben por este medio ou por correo electrónico ao :  ceip.cordo.boullosa@edu.xunta.gal

ESTES DATOS SERÁN INCORPORADOS A APLICACIÓN DE COMEDORES ESCOLARES  PARA PODELOS COTEXAR.

O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES COMENZA HOXE 31 DE MARZO E REMATA O 6 DE ABRIL.

O horario de atención no centro vai ser de 10:00 ás 12:30, vía telefónica ou por correo electrónico.

AdxuntoTamaño
instancia ED601B axudas covid-19.pdf1018.01 KB

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro