Inicio de sesion
Blogues
Bolsas e axudas para alumnos con NEAE 2018-2019
Enviado por admin o Ven, 24/08/2018 - 14:23O plazo para solicitar a bolsa remata o día 27 de setembro. Ao igual que en cursos anteriores, a solicitude hai que facela no enderezo web do ministerio de educación:
https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1095
Unha vez cuberta a solicitude hai que imprimila e presentala no colexio antes do día 27 de setembro, xunto coa documentación que se pida (copia do DNI…)
En calqueira caso se tedes calqueira dubida podedes acudir ao Departamento de Orientación do cole a partir do día 3 de setembro, onde tentaremos axudarvos no que sexa posible
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DOS LIBROS ASIGNADOS DO FONDO LIBROS
Enviado por admin o Mér, 18/07/2018 - 04:18No arquivo adxunto pódese consultar a asignación definitiva dos libros que lle corresponden a cada alumno do fondo de libros do Colexio
RESOLUCIÓN PROVISIONAL DOS LIBROS ASIGNADOS EN FONDO LIBROS
Enviado por admin o Mar, 10/07/2018 - 04:23No adxunto seguinte pódese consultar a asignación provisional dos libros que lle corresponden a cada alumno do fondo de libros do Colexio
LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-2019
Enviado por admin o Xov, 28/06/2018 - 07:18NO ARQUIVO ADXUNTO PÓDESE CONSULTAR O LISTADO DOS LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2018-2019
Xa esta aquí fresquiña a Troita desde curso!! E xa van XXXVII
Enviado por admin o Lun, 25/06/2018 - 05:48Prazos fin de curso
Enviado por admin o Xov, 21/06/2018 - 08:03A Dirección do Centro e os profesores titores, infórmanos de que:
1º.- O día 2 de xullo, os pais/nais do alumnado de 6º nivel, desde as 10:00 ata as 13:00 horas, recollerán no Centro o Historial académico.
2º.- Os vales para a compra dos libros de 1º e 2º entregaranse dende o 9 ata o 13 de xullo.
O día 10 de xullo publicarase (na páxina web do centro) a resolución provisional da asignación de libros de texto para os alumnos que cursarán 3º a 6º de Ed. Primaria no vindeiro curso 2018/2019. O día 18 de xullo sairá a resolución definitiva. Os libros asignados pola Consellería entregarémosllos ao alumnado nos primeiros días de setembro.
Lembrámoslles que para ter dereito aos libros do fondo, deberá ter devoltos todos os libros do curso actual.
3º.- O curso escolar 2018/2019 comezará para todos os alumnos o día 12 de setembro e rematará o 21 de xuño do 2019.
Ponte Caldelas, 21 de xuño de 2018
SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2017-18
Enviado por admin o Ven, 15/06/2018 - 05:34Estimados pais e nais:
Ábrese o prazo para solicitar o uso do comedor escolar para o vindeiro curso 2018-19. O uso do servizo, de conformidade co disposto no artigo 13 do Decreto 132/2013 dará lugar ao aboamento dunhas tarifas.
Estas tarifas van a estar en función da Renda per cápita da unidade familiar, e poden ser os seguintes:
0 € (gratuíto) renda anual neta per cápita menor ou igual a 7.000 €
1 € por día renda anual neta per cápita de 7.000,01 a 8.000 € ou familias de 3 ou mais alum@s do centro e renta per cápita superior a 7.000,01
2,50 € por día renda anual neta per cápita de 8.000,01 a 9.000 €
4,50 € por día renda anual neta per cápita igual ou superior a 9.000 €
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Enviado por admin o Ven, 15/06/2018 - 05:29O prazo de presentación xa está abertoata o 22 de xuño
ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN
Enviado por admin o Mér, 28/02/2018 - 08:16Ábrese o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2018/19
O prazo será do 1 ao 20 de marzo
No arquivo adxunto pódense consultar o numero de prazas ofertadas polo noso centro.
A instancia de admisión pódese recoller no centro ou baixala do arquivo adxunto.
Reserva de Praza no IES de Ponte Caldelas
Enviado por admin o Mér, 28/02/2018 - 07:16Bo día:
Dende o IES de Ponte Caldelas comunicousenos que as solicitudes de reserva de praza para o curso 2018/2019 feitas polo alumnado do noso centro foron todas admitidas.
Un saúdo
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »