REPASO PARA ORGANIZACIÓN DE COLE
O primeiro de todo é recordar que tanto o alumnado como o profesorado do centro vai estar organizado en 3 grandes BLOQUES que farán uso do mesmo espazo (corredores, baños…) sempre gardando a distancia interpersoal e evitando, ao máximo, o contacto con outros bloques:
- BLOQUE Infantil
- BLOQUE 1º, 2º e 3º: Aulas da planta de abaixo
- BLOQUE 4º, 5º e 6º: Aulas da planta de arriba
Ademais dentro de cada bloque, formaranse os grupos estables de convivencia por curso, é dicir, cada aula formará un GRUPO ESTABLE DE CONVIVENCIA.
ENTRADAS: Non se permitirá o acceso ao recinto escolar dos proxenitores, a excepción de infantil.
- Infantil: Entran ás 9:15h, acompañados por un so proxenitor ata a porta do centro, sempre con máscara e respectando a distancia de seguridade.
- 1º, 2º e 3º de Primaria: A partires das 9:00h pola cancela de abaixo.
- 4º, 5º e 6º de Primaria: A partires das 9:00h pola cancela de arriba.
* A partires das 9:00h tamén poderá entrar o alumnado de infantil que teña irmáns en Primaria.
* No caso de ter fillos en distintos bloques, o acceso será pola cancela que lle corresponda ao irmán menor.
SAÍDAS: Soamente poderán entrar ao recinto escolar os proxenitores/responsables que teñan que recoller ao alumnado de infantil.
- Infantil: O alumnado de infantil comezará a saír por quendas a partires das 13:45h na porta do centro e será recollido por un proxenitor.
- 1º, 2º e 3º de Primaria: Comezarán a saír por quendas a partires das 14:00h pola cancela de abaixo (CEMITERIO).
- 4º, 5º e 6º de Primaria: Comezarán a saír por quendas a partires das 14:15h pola cancela de arriba.
* O alumnado de infantil terá que ser recollido na porta do centro á hora que lle corresponda, independentemente de que teñan irmáns noutro bloque.
* Os proxenitores que teñan varios fillos en infantil esperarán na porta do centro sempre gardando a distancia interpersoal.
* No caso de ter fillos en distintos bloques de primaria, a saída será pola cancela que lle corresponda ao irmán menor, pero sempre respectando o horario que lle corresponda no seu bloque.
Pregamos puntualidade e agradecemos enormemente a compresión neste difícil comezo de curso para todos e todas.
Un saúdo. O claustro