AVISO ANPA: SERVIZO DE COMEDOR
AVISO ANPA: SERVIZO DE COMEDOR
Para unha convivencia segura durante o servizo de comedor, tomaranse as seguintes medidas de hixiene e prevención:
- O comedor estará organizado do mesmo xeito que durante o horario lectivo respectando os 3 grandes bloques de convivencia.
- O alumnado ocupará o mesmo sitio durante todo o curso.
- As mesas estarán separadas segundo a distancia marcada polos protocolos da Consellería de Educación.
- Por prevención e durante este curso, o cepillado de dentes realizarase na casa.
- Os baños estarán equipados con xabón e secador de mans, así como dispensadores de hidroxel.
- A recollida do alumnado realizarase pola porta de abaixo (cemiterio) do seguinte xeito: Antes de entrar ao recinto escolar, deberase chamar ao telefonillo da cancela e soamente se poderá pasar cando a monitora o indique. Desta forma evitaremos a aglomeración tanto de nenos coma de proxenitores.
Un saúdo. ANPA O Xunqueiro